Nunha pequena aldea galega atópase o anelo dun traballar nunha das mellores escolas experimentais do mundo. Pronto descubrirá que o seu soño se converteu nun pesadelo. A morte dunha nena obrígao a reconstruír o último curso nun relato no cal as vellas lendas e a Santa Compaña crúzanse cos acontecementos ocorridos en Tui durante a Guerra civil española. Non haberá acougo até desvelar unha mentira que leva máis de sesenta anos oculta. Comezando co ritmo vagoroso das aldeas galegas, esta novela vai entrelazando a vida da xente do lugar coas intrigas da escola. Unha historia que vai acelerando até chegar a un final trepidante. Xabier Gayoso é mestre e escritor. Gañador de varios premios literarios como o do concello de Barreiros ou o da Asociación Cultural Lar de Unta. Nace en A Coruña en 1981 á beira das rías do norte de Galicia. Desde alí viaxou a cinco continentes e traballou en centros ordinarios e experimentais durante os últimos vinte anos. Actualmente dedícase a escribir e crear música mentres imparte aulas nas inmediacións, de novo, de A Coruña.