Jump to ratings and reviews
Rate this book

Fabula

Rate this book
Claro exemplo de novela "colada é realidade", adherida a ela coa cola da memoria viva.

292 pages, Paperback

First published January 1, 1980

Loading...
Loading...

About the author

Xavier Alcalá

78 books7 followers
Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.

Viviu en Ferrol dende a infancia, e estudou no Instituto Concepción Arenal desa vila. Estudou Enxeñaría de Telecomunicacións na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidad Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.

Traballou como auxiliar de laboratorio en Generale di Telefonia de Elettronica (1973-74), foi enxeñeiro de mantemento en Onuba (Teledyne Isotopes) (1974-75), director técnico rexional da Compagnie Xeral de Radiologie (Thomson-CSF) (1975-77), delegado rexional de Hispano Electrónica (1977-81), director comercial de Gaélico (1981-84), delegado técnico-comercial de Sintel (1984-86), director técnico da Compañía de Radio-TV de Galicia (1986-88), subdirector de Sintel Noroeste (1988-94), consultor asociado a Lógica Sistemas de Información (1994-95), director técnico do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (1995-2003), conselleiro de Emetel Sistemas e asesor de Tecnoloxías da Información e a Comunicación do Centro de Innovación e Servizos de Galicia.

Colaborou con xornais como El Correo Gallego, El Mundo, Diario de Ferrol e La Voz de Galicia. Entre 1976 e 1979 foi responsábel da sección Arco da Vella en El Ideal Gallego. No Grial 229: O país dos alcumes.

Foi o primeiro presidente da AGAL. Escribiu cancións para Andrés do Barro, como "Teño saudade", "A uns ollos verdes", "Rapaciña" ou "Fogar de Breogán".

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
6 (54%)
4 stars
2 (18%)
3 stars
3 (27%)
2 stars
0 (0%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Borja Pontecanedo.
130 reviews
May 23, 2026
Gañaron os de sempre.

Unha fábula é un relato literario breve, escrito en prosa ou en verso, que ten como propósito principal deixar unha aprendizaxe ou lección moral, que a caracteriza. Velái o título. A historia do que sempre acontece, seguen a gañar os de sempre e, segundo avanzan os tempos, máis extremos, máis de sempre.

Novela histórica da recente Galiza postfranquista na que se narra o contexto temporal dunhas eleccións nas que gañan aqueles que se deitaron franquistas e se ergueron demócratas. Na andamiaxe da novela, vemos como o meu benquerido Alcalá realiza unha pictografía perfecta da sociedade de finais dos setenta e comezos dos oitenta que ten lugar na cidade da Coruña.

No libro, Xavier artella unha historia sustentada en dous temas chave, que son a política - fase transición - e o amor - homosexual e heterosexual - que conviven e dan sentido a cadanseu episodio da novela. Nela, o autor válese do método do flashbak, de forma que vemos como unha trama que ten lugar no franquismo, vese prolongada na fase transicional. Aí, ao meu ver, o xermolo da aprendizaxe que poderemos tirar esta fábula.

Cal é a aprendizaxe ou "moraleja", valéndome do famoso termo en castelán? Pois é claro. Abofé que si. A aprendizaxe da historia é que, nos anos 80 - e no hogano - todo mudou para nada cambiar. Certo é que existe a legalización da homosexualidade e que o secuestro de publicacións xa non é tan habitual. No entanto, vemos unha dereita, nos nosos días, máis descarada e clara, cando, na obra, viamos como trataba de vestir a gravata e facerse pasar por demócrata.

Os personaxes son marabillosos e contribúen ao ritmo incríbel da novela, casemente cinematográfico co grandísimo Ernesto Abelaira, como catalizador e o axustizamento de "Fachado" e "Reventafoles" como clímax da loita. Adorei tamén a parella que ve como a política se mete entre eles mais, téndomos en conta o idealismo existente, sempre a admiten como unha compoñente máis da súa relación.

Sempre un pracer ler a Alcalá, completamente recomendábel, no só dende o punto de vista literario, senón tamén histórico, sociolóxico e, se me apuran, casemente de análise política.

As miñas obras preferidas de Alcalá:

1º A Nosa Cinza
2º Fábula
3º Fumes de papel/A insua
4º Alén da desventura
Displaying 1 of 1 review