Jump to ratings and reviews
Rate this book

Dicionario dos seres míticos galegos

Rate this book
Dicionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimos anos.Nas 710 entradas das que consta o Dicionario dos Seres Míticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.

240 pages, Hardcover

First published August 1, 2008

2 people are currently reading
78 people want to read

About the author

Xoan R. Cuba

9 books
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1958, é un escritor galego.

Traballa no Museo Provincial de Lugo como responsable de publicacións. En 1992 creou con Ofelia Carnero Vázquez, Mercedes Salvador Castañer e Antonio Reigosa o Grupo de Investigación Etnográfica Chaira, realizando diversos proxectos, traballos de campo, arquivo e publicación levados adiante en distintas comarcas lucenses, fundamentalmente na Terra Chá e no concello da Pontenova.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
9 (50%)
4 stars
7 (38%)
3 stars
1 (5%)
2 stars
1 (5%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 of 1 review
Profile Image for Zuichiki.
42 reviews
August 10, 2019
Es lo que dice que es, un diccionario. Pero en este caso de de los seres de leyenda, lugares, cuentos y personajes históricos mitificados de la historia de galicia, tanto de tradición escrita como oral.
Displaying 1 of 1 review

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.