«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do diario. Unha investigación chea de humor e intriga que che descubrirá a cara máis sorprendente da filosofía e na que, buscando respostas, tan só atoparás preguntas.
Rocío Leira Castro (Cee, 1979) é licenciada en Matemáticas e dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela. Recibiu, entre outros, o Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores (2009), o Premio Xosé M. López Ardeiro (2015), o premio Avelina Valladares (2016) e o Premio de Poesía Manuel María (2017). Foi finalista do Premio de Novela Vilar Ponte (2018) e do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (2019). Para o público infantil escribiu Universo Pitágoras (Biblos, 2013) e O becho que quería comer á avoa (Galaxia, 2015). No eido da poesía conta cos poemarios [Obituario] (2016) e INEM (2016). En narrativa ten publicadas as novelas Veleno en familia (Baía, 2019) e Trescatorcedezaseis (Xerais, 2020).
farei recensión máis tarde, que agora teño algo de dor de cabeza e non me saen as palabras xdd.
edit: ok alá vou.
honestamente, se non fose porque no momento de ler o libro tiña dor de cabeza e porque tiña outras espectativas do que ía ser, daríalle un 3 e non un 2. os personaxes están moi ben construídos: non é que se caractericen por unha gran complexidade pero para as poucas páxinas que estamos con eles transmite moi ben a personalidade que teñen. xa dende a páxina 1 estaba claro que Erundino é un intelectualoide moi intelectual que non é como o resto de humanos porque é filósofo e pensa moito. pensa moito sobre cousas *importantes*, non como o resto da sociedade. sinto que Irma está máis desdibuxada, pero iso tamén ten sentido pola natureza da novela.
falando diso, gostei do final. non vou facer spoilers pero, por unha cousa que vou comentar despois, sentiuse moi satisfatorio. iso si, xa vía o plot twist dende a páxina 10 (creo que incluso sen esaxerar xddd).
agora, cal foi o meu maior problema coa novela? o borde que é Erundino todo o tempo. ten sentido de acordo a súa personalidade, mais eu esperaba deste libro un misterio curto e divertido, non un "Erundino insulta a intelixencia de Irma 847291 veces". quizais para algúns iso forma parte do humor, pero o único que eu sentía era enfado. se lle parece que Irma é tan inutil, POR QUE CONA NON A DESPIDE? entendo que o máis probable é que sexa unha escusa para explicar conceptos filosóficos relativamente sinxelos sen cuestionarmos por que lle está a falar destas cousas a súa asistente de máis de 20 anos como se fose unha nena de primaria, pero iso non quita que, mentres lía o libro, estaba a pasalo mal.
tamén é que, aínda que estea nunha carreira de ciencias, sempre tiven un grande interese pola filosofía, polo que poucos (ou basicamente ningún) dos conceptos presentados aquí eran unha novidade para min. ademais, 90% do que falan son de filósofos gregos. hai máis xente pensante que Platón. hoxe en día hai filósofes que filosofan, escriben libros sobre o seu pensamento, dan palestras... vamos, que fan cousas e presentan ideas interesantes á sociedade.
A qué se dedican os filósofos na actualidade? Pois a pensar, como fixeron sempre. Aínda que o noso protagonista, Erundino, parece que se dedique mais a ver a vida pasar que a outra cousa, ata que un día todo cambia: aparece un anuncio no xornal que o invita a resolver un crime.
Ao longo da historia o propio Erundino e a súa secretaria, Irma, serán os nosos narradores, e acompañarémolos no seu percorrido para descifrar as diferentes pistas que lles van chegando.
As personalidades de ámbolas dúas personaxes son tan diferentes que non vas poder evitar a risa en mais dunha ocasión coas súas conversas.
As pistas que lles van chegando son moi interesantes, e animan ó lector a tratar de descifrarlas. E si, algunhas pódense descifrar, pero para outras imos precisar a sabedoría filosófica de Erundino, e será neses momentos cando coñezamos anéctodas sobre os antigos filósofos: Sócrates, Platón, Dióxenes, e algún máis. Sinceramente, se me houbesen explicado así a filosofía no instituto seguro que lle houbera posto máis atención. Con isto quero dicir que estas partes lonxe de facérseme pesadas, para min foron moi entretidas. Ademáis, é un libro de 100 páxinas, non ten tempo de ser pesado, non?
O misterio que enfía toda a historia está moi ben pensado, e queda todo completamente resolto e explicadiño, como a min me gusta.
Un libro moi recomendable para ler entre lecturas máis densas, estas que nos deixan as neuronas suando, porque conseguirá poñerchas a punto de novo.
Sinxeliña novela na súa forma, pero ao mesmo tempo dotada dunha notable profundidade, pois procura achegar a un público xuvenil varias figuras de filósofos clásicos, así como unhas cantas nocións básicas e anécdotas dese imprescindible campo do saber.
Pouco a pouco, con pequenas de doses de humor e suspense, de mensaxe en mensaxe, de enigma en enigma e entre explicacións e charlas arredor da lóxica e a filosofía, Erundino Torrón e a súa secretaria Irma van desfacendo o nobelo e encamiñándose cara o inevitable final, moi ben escollido, que pon punto e final á historia.