What do you think?

Historia de Galicia
A dialéctica social do ser humano, actuando secularmente no seu contorno, foi creando as comunidades nacionais, que se procuran e se recoñecen na experiencia da súa propia historia. O nacemento da moderna conciencia nacional galega, no século XIX, está estreitamente vinculado á elaboración do discurso histórico, que ao mesmo tempo é resultado da existencia da nación e elemento axente da súa configuración. Desde aquela altura ata hoxe o acervo historiográfico foise incrementando en cantidade e calidade científica, tanto en obras globais como en monografías, de divulgación ou especializadas.
Focalizada desde unha perspectiva na que Galicia constitúe o seu propio centro, e cunha clara intención divulgativa, esta Historia de Galicia de Anselmo López Carreira recolle e sintetiza as achegas proporcionadas polo conxunto de historiadores que ofrecen ao país unha imaxe coherente de si mesmo e pretende ser un elemento útil na construción desta comunidade de convivencia que é a nación galega.

304 pages, Paperback
First published July 16, 2013
About the author
Anselmo Lopez Carreira
22 books5 followersAnselmo López Carreira, nado en Vigo en 1951, é un historiador galego.
Licenciado (1976) e doutorado (1994) en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Historia no IES María Soliño de Cangas, logo de ter traballado en Celanova, Verín, Santiago, Barcelona e Hannover. É tamén profesor titor da UNED en Ourense, catedrático de secundaria e historiador ligado ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Anselmo López é autor dunha ampla obra ensaística de investigación histórica, centrada na historia medieval de Galicia. Tamén é coautor de varias Historias Xerais de Galicia (1979, 1991, 1996 e 1997).
Estivo casado coa poeta e política Chus Pato, coa que tivo dúas fillas: a historiadora Sabela López Pato e a tradutora Catuxa López Pato.

Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 8 of 8 reviews
March 31, 2025
paréceme unha lectura imprescindíbel e aprendín bastante pero tamén hei de dicir que me alegrei de rematala
April 13, 2025
non me acordara de marcalo como acabado pero vamos, que non levantamos cabeza dende o século XV
April 1, 2025
Paréceme un contido moi interesante e necesario, pero tamén creo que na maior parte das ocasións se podería expresar con moita máis claridade sen perder ningunha información.
Read
March 28, 2024bueno bueno bueno por fin son libre!!!!!
June 26, 2026
tiña partes entretidas pero foi extremadamente tortuoso lelo e mais para o exame de h*storia da l*ngua galega
May 2, 2025
Moi bo achegamento á historia de Galicia mais con algunhas eivas como a clara parcialidade cara ó BNG e o trato do último capítulo, non como un repaso da "Transición" en Galicia, senón dos pasos da UPG e a posterior formación do BNG.
Tamén parece haber unha maior profundidade nos primeiros capítulos, dos primeiros séculos de historia, en detrimento dos últimos séculos onde é máis palpable o tratamento superficial dos acontecementos deixando moito que desexar no tratamento da represión franquista, por exemplo.
Con todo, trátase dunha obra de lectura asequible e da que se poden extraer moitos coñecementos.

August 19, 2021
O formato en si é atractivo, unha breve introdución á historia de Galicia fácil de ler, mais tamén é a causa dunha das principais chatas e é que as cousas se contan sen contexto, sen explicar por que ou sen unha mención do que pasa máis alá do Padornelo. Para alén diso a idade contemporánea é unha crónica do nacionalismo galego, coma se no país non tivese pasado máis nada.
March 14, 2019
Trátase dunha obra que non custa demasiado traballo ler e que ofrece unha visión da historia de Galicia (e nalgúns casos tamén da historia de España) diferente á da historiografía oficial. Porén, non ofrece unha versión imparcial, xa que é notable a defensa de Galicia como nación histórica, chegando a manifestarse a favor do BNG.
Ademais, conforme se achegan as últimas páxinas, da a sensación de que o propio libro chega á súa fin, como se acelerase no final porque é consciente de que se lle están a esgotar as páxinas restantes e que aínda non tratou todo o que quería tratar.
Pero, pese a todas as críticas que se lle poidan facer, é unha lectura interesante para coñecer un pouco máis en profundidade a historia de Galicia. Aínda que sexa saltando certas páxinas.