Jump to ratings and reviews
Rate this book

Os camiños da vida

Rate this book
Rare book

360 pages, Paperback

First published January 1, 1928

5 people are currently reading
63 people want to read

About the author

Ramón Otero Pedrayo

84 books9 followers
Ramón Otero Pedrayo é unha das grandes figuras da literatura e a cultura galega. Pertencente á chamada Xeración ou Grupo Nós, do que formaron parte entre outros Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, etc.

O seu momento de maior esplendor produciuse no marco da Segunda República (1931-1936) cuns obxectivos estratéxicos que definiron a toda a xeración: afirmación da cultura galega nos ámbitos da modernidade, práctica constante da lingua galega como lingua culta en todas as súas manifestacións e formas de creación cultural e literaria, conexión con Europa e o pensamento contemporáneo, defensa da identidade nacional de Galicia…

Otero Pedrayo pertence ao grupo de intelectuais que, sobre todo no primeiro tercio do século XX, construiron o que podemos denominar “a cultura galega da modernidade”. Ensaistas, narradores, investigadores da cultura popular e doutras formas de alta cultura, filósofos, activistas culturais e sociais, moitos deles participaron activamente na política do seu tempo, cuxa principal conquista foi o Estatuto de Autonomía para Galicia, plebiscitado polo pobo galego o 28 de xuño de 1936.

Novelista, narrador, poeta, ensaista, investigador da historia, xeógrafo, orador… A súa obra ocupa un espazo extraordinariamente relevante no ámbito cultural galego, cunha grande influencia nas xeracións que viñeron tras el. Patriarca das Letras Galegas, primeiro presidente da Editorial Galaxia, foco de resistencia galeguista durante a ditadura de Franco, o seu talente liberal e democrático, xunto co seu talento e a súa impresionante formación intelectual, constitúen unha referencia obrigada na historia da nosa cultura contemporánea.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
25 (33%)
4 stars
25 (33%)
3 stars
17 (22%)
2 stars
5 (6%)
1 star
2 (2%)
Displaying 1 - 5 of 5 reviews
Profile Image for unollarmeu.
61 reviews7 followers
September 21, 2025
Este libro tece un entramado de personaxes, escenarios e descriciós complexo que, ou ben se degusta aos poucos, ou ben se fai moi pesado. Das tres partes (Os señores da terra, A maorazga e O estudante) da que máis disfrutei foi da segunda, especialmente dos capítulos 5 e 6 desta. Neles acordeime moito do Adrián e o don Bernaldo de Arredor de si, e tuven que deixalos ir para quedar co Paio e o don Adrián de Os camiños da vida. Xunto cuestes, o Perico é tamén un dos meus personaxes favoritos. Botei de menos que as mulleres tiveran algo máis de protagonismo e que os labregos foran algo máis ca un coro popular. Na miña opinión podería ter profundizado nestes dous grupos bastante máis.

Desde o meu punto de vista é un libro complexo, así que espero relelo dentro de moitos anos cunha formación que me permita entendelo con moita maior profundidade. Con todo, creo que nunca vin descriciós ca calidá das de Otero en toda a literatura galega (polo menos do que eu levo lido).
Profile Image for Víctor Soho.
Author 1 book39 followers
June 19, 2025
Alucino co semellante que é a última etapa de Jia Zhangke —o final, máis que ningunha outra obra, rima á perfección con Mountains May Depart da forma máis desoladora posible—. Se cadra, a nivel narrativo, está un pouco atrofiada na estruturación dalgunhas das partes; pero como persoa moi crítica cos intentos de retratos nacionais da Galiza, penso que nada encapsula as contradicións e procesos a vivir que ten coa chegada do capitalismo como este libro —a descripción do paso do Antigo Réxime ao liberalismo é esencial na capitularización do libro—. Máis prodixioso, se cadra, pola forma que ten de recoller a estética do sublime da paisaxe da tradición literaria galega do S. XIX cuns engadidos etnográficos e económico-políticos que non liberan esas terras nin das súas comunidades, nin dos seus conflitos ideolóxicos. Admirable a todos os niveis. Faime inmensamente feliz que exista.
Profile Image for Efímera Bonhomía.
212 reviews26 followers
June 6, 2022
3,5

Ramón Otero Pedrayo é para min o autor galego que mellor documenta as súas obras. Ten a capacidade da síntese xeracional en apenas capítulos mentres che introduce episodios da historia nacional. Nesta obra de ficción, ás veces parece que estamos ante un retrato histórico do pasado e ese é o poder narrativo de Otero Pedrayo.

Os camiños da vida fálanos, é unha obra para beber a sorbos que do mesmo xeito que Os Pazos de Ulloa- en parte porque non se parecen tanto- represéntanos á fidalguía rural e como unha nova economía vai facendo que cambiese a maneira de vivir e traslade á sociedade cara a un vivir sen a imposición. É nese tema onde atopamos o principal foco central onde viran os personaxes pero sinceramente, é un libro para beber a e gozalo xa que todos os detalles que ten fálannos para traernos un camiño cara á crítica.

O que máis resaltaría da obra é esa capacidade do escritor de achegarche aos personaxes coma se dunha noticia de xornal fose. Esa mestura de persoas e as súas funcións que fan da obra un novo xuízo social sen miramientos dun autor que o analizou case todo na comunidade galega.

Hai que ler a Otero Pedrayo.
Profile Image for Vacho.
126 reviews1 follower
Read
August 15, 2025
Volverei a lela nun futuro, con outra ollada. Recórdame a un cadro como o do Bosco, onde en casa mirada podes atopar algo novo. A dicir verdade houbo tempos nos que me aburrin, logo outros nos que me pareceron fermosas as súas verbas e descricións. Creo que é deses libros que podes abrir en calquera punto e a narración será coherente. Non é o meu rollo pero a redacción e tan rica que volverei a él.
Profile Image for María.
97 reviews4 followers
April 1, 2022
Una novela maravillosa que hay que valorar conjuntamente cuando terminas de leerla, porque, en mi opinión, es cuando realmente deja ese poso especial en el lector. «Os camiños da vida» es un entramado de personajes, escenarios y episodios del siglo XIX, el cual, como bien resume el editor, constituye una pintura viva de la sociedad decimonónica rural en Galicia. Se necesita calma y lectura pausada para poder saborear esta joya. Recomendadísima.
Displaying 1 - 5 of 5 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.