Xa o acabei.
O libro comeza coa necesaria introdución en probabilidade. Isto os telecos temos claro que as descripcións de ruido hainas que explicar primeiro no dominio no tempo e despois no da frecuencia como facía P. Peebles por exemplo. Se colles as descripcións que che fan falta e as presentas sen contexto aplicadas a un sensor como é a cámara é imposíbel que te enteres do que estás facendo. Isto MAL.
Na segunda parte o libro asume que o problema da visión por "computadore" é un problema de machine learning, pattern recognition (como cando saben recoñecerche que eres un patrón) O problema desta idea, dende o meu punto de vista, é que esqueces toda a parte do problema físico, proxección da luz, vision geometry e todo iso ... pero bueno entendo que o libro se teña que especilizar.
Aquí o traballo sintetiza a base desta técnica cunha enorme cantidade de conceptos ben resumidos ata chegar aos classification models. Cal é o problema? Que este non é un libro técnico que invite a probar por ti mesmo o que estas aprendendo, eu vin como unha sansoniana tarefa coller un destes párrafos e intentar escribilo en python para ver que saía por min mesmo. E acabei por non facelo. Entón eu non entendo a utilidade dun libro científico con mala narrativa matemática e que aínda por riba non axuda a aplicar o que explica. Por moi sintético e correcto que este todo o explicado.
Doulle cinco estrelas aos herois anónimos que escriben tutoriais de python e a xente que che explica probabilidade cunha narrativa matemática. A este libro dous.