Jump to ratings and reviews
Rate this book

Adiós María

Rate this book
O agudo retrato psicolóxico de María, unha rapaza viguesa, filla dun traballador botado ao paro e empurrado á emigración pola desaparición dos tranvías.

María, ou Maxa, é a protagonista desta historia que destaca pola firme caracterización dos personaxes. Na novela atopamos tamén unha clara denuncia social do feito da emigración e as súas consecuencias, así como unha fermosa recreación da linguaxe do suburbial. Publicada por primeira vez en 1971, esta é unha das novelas máis importantes da narrativa galega do último terzo do século XX.

210 pages, Paperback

First published January 1, 1971

3 people are currently reading
75 people want to read

About the author

Xohana Torres

15 books2 followers
Naceu en Santiago de Compostela en 1931 e faleceu en Vigo o 12 de setembro de 2017. É autora das pezas teatrais A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e que, malia a ser a súa única incursión na narrativa para adultos, está considerada un dos clásicos do noso tempo. Como poeta, estreouse na colección Illa Nova con Do sulco (1957), ou que lle seguirían despois Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Elexía a Lola (2016). Todas elas obras que a converterían nun dos grandes nomes da última metade do século XX, rachando moldes e converténdose nun facho inmorrente xeración tras xeración. Xa no eido da literatura infantil, publicou Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984), e foi unha das pioneiras na tradución de obras deste xénero ao galego, publicadas todas elas na Editorial Galaxia. Tamén a radio foi outra das linguaxes que cultivou cando, en 1963, dirixiu en La Voz de Vigo o primeiro programa cultural radiofónico completamente en galego, Raíz e tempo. En outubro de 2001, ingresou na Real Academia Galega a proposta Salvador García-Bodaño Zunzunegui, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Franco Grande, pronunciado o discurso Eu tamén navegar, texto fundamental para o feminismo do noso tempo.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
10 (12%)
4 stars
21 (26%)
3 stars
25 (31%)
2 stars
18 (22%)
1 star
6 (7%)
Displaying 1 - 13 of 13 reviews
Profile Image for marton.
36 reviews1 follower
April 22, 2024
Está claro que sen a explicación previa da profesora non sería capaz de apreciar tanto a novela como fixen, mais pareceume unha moi boa obra, cunha unha historia interesante por contar.
Profile Image for maría.
98 reviews17 followers
April 13, 2024
é un libro que custa moito ler, ten unha narrativa moi caótica que te obriga a estar atenta constantemente a absolutamente todo (e nin estando atenta todo o tempo eres capaz de enterarte dunha gran parte das cousas), e creo que principalmente foi iso o que me fallou, porque creo que a historia está bastante ben e que é unha idea ben plantexada e moi traballada.

na súa defensa direi que a partir da segunda metade do libro conseguín meterme por fin na historia e foi gustándome algo máis.
Profile Image for Laura.
26 reviews5 followers
April 15, 2024
Narrativa moi caótica. A idea está ben, pero custoume avanzar coa lectura e ata practicamente o final non fun quen de entender case nada.
Profile Image for Ana Beloso.
73 reviews7 followers
December 29, 2023
gustoume moito moito. ten un estilo indirecto libre que fai que teñas que estar ben atenta, pero ao final métete moito na psique dunha rapaza de quince anos que mira que as oportunidades na vida pasan de longo
Profile Image for Maikel Nuñez.
Author 2 books6 followers
November 15, 2020
O libro ten momentos interesantes, e a historia é boa para entender o fenómeno da emigración, pero custa moito de ler. Os diálogos están sen separar e iso provoca longos parágrafos de lectura difíciles de conectar entre si. Libro moi normal.
Profile Image for Mariló Pérez.
11 reviews
July 21, 2024
A história gustoume pero costoume moito seguila, ten unha narrativa bastante complexa e tes que estar concentrada ao 100% para entender o que vai pasando
Profile Image for prz.vanesa.
132 reviews2 followers
December 26, 2025
Ó principio costoume entrar no modo no que estaba redactado o libro, a mente caótica e con pensamentos dispersos dunha rapaza de 15 onde ás veces salta ó diálogo, outras a unha carta e outras ós seus pensamentos de qué diría ou qué faría en tal e tal outra situación, unha vez que collín ese punto xa comecei a leelo de xeito máis fluído.

Valoro positivamente que me transportase a unha infancia rural galega, como foi a miña, con pais ausentes e criada por avós, onde moitas veces a protagonista lle toca exercer de adulta responsable e colaborar activamente en todas as tarefas de fogar e de coidado dun irmán cativo. Tamén resulta triste pensar como unha moza brillante no pode estudar nin medrar e ten que ver a vida pasar sen poder decidir nin actuar sobre o seu futuro, como a súa avoa ten preferencia polo seu irmá maior ainda que sexa un pouco bala perdida, e lle insista en que "as mulleres non valen nin poden decidir".
É unha historia algo dura pero escrita dun xeito innovador que me chegou bastante.

This entire review has been hidden because of spoilers.
Profile Image for Ada.
36 reviews1 follower
March 28, 2025
"Repito estás panxolas centos de veces, xa se sabe, resolvemos na noite tódolos problemas ou pola contra os vemos imposibles e escribimos cartas que nunca botaremos e diremos respostas que alguna vez nos esquecemos de dar e desexamos namoros que logo non diremos a ninguén e tamén polas noites teño neu medo, penso nesa hora que Cantador é horrible, que estou máis soa que a curuxa, que a vida e moi ingrata, que sei eu".

Sorpréndeme que me gustara tanto, sobre todo porque ata a páxina 80 non te enteras de nada e está escrito de xeito moi caótico, como se se cruzarán pensamientos todo o rato, pero está guai paréceme orixinal. Ademáis e un libro moi bonito, pero moi triste sobre a emigración e sobre a pena dos que quedan (moi a conto coa asignatura de migracións do máster, pero foi casualidade).
Profile Image for Thisisnotmarta.
105 reviews1 follower
April 7, 2024
Vale a ver por onde empezo…
A pesar de non enterarme de nada durante 100 páxinas é un 3,5. Na segunda metade da novela empecei a enterarme,porfin distinguín personaxes e subhistorias. Non hai un fío argumental, o que me encanta, pero aborrezo estos capítulos de 50-40 páxinas…
Encantóume Nola, non sei porque sinto que sería eu nesta novela.
Realmente se alguén me pregunta que pasa na obra non llo sabería dicir, pero creo que por iso me gustou algo jejejsjbsbshqhssb
iso si, como non esteas antenta mentras les non te enteras de absolutamente nada nadiña
1 review
September 18, 2020
O libro ten bastantes erros gramaticais, mezcla o galego e o castelán. Pérdeste bastante na lectura xa que non hai guións entre cada personaxe.
Profile Image for Bea Vázquez Díaz.
104 reviews3 followers
September 14, 2023
[GAL] Adiós María preséntase como a historia da filla dun traballador que se ve obrigado a emigrar. Nela seguimos os pasos da familia de Maxa (María) unha vez o seu pai e a súa nai toman a decisión de emigrar para intentar sacar adiante á súa familia. Coñecemos de primeira man a visión da emigración dende o punto de vista de quen queda na terra, agardando a volta daquelas que parten en busca dun porvir para a súa familia. Podemos ver tamén o que supón para Maxa medrar na súa adolescencia sen os seus proxenitores, posto que queda ao cargo do seu avó e a súa avoa quen, se ben se fan cargo dos seus netos con toda a boa intención do mundo, quizais se ven un pouco sobrepasados polas circunstancias e as responsabilidades.
Pareceume un libro moi interesante precisamente por ese enfoque da emigración dende o punto de vista "das outras partes", as que non marchan. Ademais, Xohana Torres fai un uso da lingua que se afasta en moitos casos da normatividade, incluíndo diálogos no medio do parágrafo ou saltándose as normas de puntuación para darlle ritmo ao que está narrando e a min persoalmente gústame moito cando unha persoa se atreve cun estilo tan diferente, porque penso que non é sinxelo facelo ben.

[CAS] [GAL] Adiós María se presenta como la historia de la hija de un trabajador que se ve obligado a emigrar. En ella seguimos los pasos de la familia de Maxa (María) una vez su padre y su madre toman la decisión de emigrar para intentar sacar adelante a sufamilia. Conocemos de primera mano la visión de la emigración desde el punto de vista de quién queda en la tierra, esperando la vuelta de aquellas que parten en busca de un porvenir para su familia. Podemos ver también lo que suponn para Maxa crecer en su adolescencia sin sus progenitores, puesto que queda a cargo de su abuelo y su abuena quienes, si bien se hacen cargo de sus nietos con toda la buena intención del mundo, quizás se ven un poco sobrepasados por las circunstancias y las responsabilidades.
Me pareció un libro muy interesante precisamente por ese enfoque de la emigración desde el punto de vista "de las otras partes", las que no marchan. Además, Xohana Torres hace un uso de la lengua que se aleja en muchos casos de la normatividad, incluyendo diálogos en lo medio del párrafo o saltándose las normas de puntuación para darle ritmo a lo que está narrando y a mí persoalmente me gusta mucho cuando una persona se atreve con un estilo tan diferente, porque pienso que no es fácil hacerlo ben.
Profile Image for xi.
2 reviews
June 7, 2024
"Vaia novela me vai saír" di no último capítulo, pois xa ves
É unha novela ben difícil de ler, seguir o ritmo cos diálogos faise complicado, pero valeu moito a pena lela enteira. Vas lendo e comezas a apreciar canto se pode aplicar á actualidade, mesmo sendo unha novela do 1971.
Trata a saúde mental de Maxa dun xeito tan sutil e real, e ten reflexións moi bonitas e atemporais sobre a vida e o tempo, gustoume moito <3

1 review
March 30, 2015
This is my first review, so please, don't be hard on me. I think this book has a lot of hidden potential, I've seen it with the new way of narrating the story and how the themes (machism, emigration,poverty, depression...) are treated, but I feel deeply dissapointed by this thing, the narrating, itself. It is extremely chaotic, jumping from one theme to another in the same line, it looks just as if the author threw words on the paper and then mix them all together, and this is the result. I feel as if nothing actually happened in the book, as if I've never read this book, an empty feeling like "What the hell is going on?!?". I would give it 0 stars, but anyway, I liked the themes shwon in this book. The rest, rubbish.
Displaying 1 - 13 of 13 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.