Vai dunha muller de 40 anos, madrileña namorada Galicia, que tras divorciarse decide facer un doctorado en antropoloxía centrado nas lendas e mitos de Galicia. Está escrito en primeira persoa con linguaxe sinxela.
É a primeira novela da autora e, como é normal, ten falliños que se poden arranxar nunha revisión como comas e puntos diacríticos mal empregados ou falar de Cuarto milenio no 2002 cando se estreou na tele no 2005. E como apunte, que non saia no libro Bimbo, en San Andrés de Teixido, é un erro tremendo que espero corrixan en futuras edicións.
Collín esta novela porque son unha friki importante das lendas e mitos galegos, crecín cos contos da Santa Compaña, os mouros, os trasnos e o can do Urco que foi visto na praia das cunchas, verídico segundo a xente que o viu. Creo nestas movidas porque vai no meu ADN de galega e oféndenme frases como as da novela deste pau: 'si mi mejor amiga, licenciada y ejecutiva de un canal de TV y su amiga Doctoranda, iban a esos temas, cómo no iban a ir la gente del pueblo en general.' Son unha muller galega de aldea e estes comentarios son realmente ofensivos para min, doeronme moito. Pensei nas mulleres que me criaron, as miñas abuelas. As dúas creen, unha non sabe escribir nin ler e a outra sabe o básico, eu fun a universidade e non me sinto máis ca elas. Saben cousas das que non teño nin idea e que me transmiten como poden como saber que vai cambialo tempo porque 'anda o semblante ao redor'. Corenta páxinas despois fai un amaño de que a Fe non entende de tipos de xente, pero o dano está feito.
A protagonista non me entra, paréceme unha personaxe creada para ser perfecta (con imperfeccións como ser demasiado boa xente e ser tonta, perfeccionista...) á que lle están a dicir todo o tempo o maja, guapa e delgada que é, e do moito que come. Demasiado artificial. En xeral, os personaxes sonme moi artificiais. E o Inspector Lago é un House Caldas interpretado por Mario Casas en A 3 metros sobre el crimen. Tamén dicir que expresións como "carita de mimo" o "carita de perrito" sacábanme totalmente do libro. Esto en Wattpad pode verse, pero un libro publicado por alguén que non ten 15 anos, pois non o compro.
Non me emocionaron as historias de pantasmas e que só lle adicasen 5 páxinas a unha lenda galega, a Santa Compaña, foi decepcionante.
A trama de fondo son unha serie de mortes que aparecen en condicións macabras, é unha premisa interesante. Pinta a que vai ter continuación, non estou segura de se quero lela ou non, moito que pulir.