Jump to ratings and reviews
Rate this book

Limpeza de sangue

Rate this book
Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) de Rubén Ruibal foi a obra gañadora do XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais do ano 2005. Os seus protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opostos coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diálise dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse mutua compañía, coñecen outros aspectos da vida aos que a rutina diaria non lles permitiu que lles prestasen atención. Ven nacer así unha amizade inimaxinable, mentres todo ao seu redor continúa o seu obsesivo, prexuízoso e sistemático funcionamento, no que nin sequera unha inocente proposta roubada de Príncipe e mendigo de Mark Twain abrirá unha nova porta.

176 pages, Paperback

First published January 1, 2006

Loading...
Loading...

About the author

Rubén Ruibal

5 books2 followers
Rubén Ruibal (Ribadeo, 1970) formouse no mundo do teatro durante os dez anos que colaborou con Roberto Vidal Bolaño na compañía Teatro do Aquí.

En 2000 formou, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que levou á escena os seus textos teatrais Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003).

Patatín & Patatán Superproductions representou as súas obras Trafic; arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005).

Logo do peche da compañía Teatro do Aquí, tras a morte de Vidal Bolaño, dedicouse a escribir, logrando en 2005 o Premio Álvaro Cunqueiro con Limpeza de Sangue (o sangue fai ruído). Este texto recibiu tamén o Premio María Casares ó mellor texto orixinal en 2011.

Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (12%)
4 stars
3 (12%)
3 stars
11 (44%)
2 stars
8 (32%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 1 of 1 review
Profile Image for Meduss142.
436 reviews6 followers
February 24, 2024
Seguimos con teatro y esta vez en gallego. Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal. Es la obra gañadora del XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrales del 2005.

💢🩸💢🩸💢🩸💢🩸💢🩸💢🩸💢🩸
Dos hombres. Dos mundos completamente diferentes que colisionan en una sala de diálisis. Obligados a pasar una gran cantidad de horas juntos nace una amistad, que no alejada de problemas, removerá sus realidades para siempre.
💢🩸💢🩸💢🩸💢🩸💢🩸💢🩸💢🩸

Es una obra de lectura rápida con capítulos cortos. La violencia es otra protagonista, como la droga o la corrupción. No me ha disgustado, me ha dejado un sabor agridulce.
Displaying 1 - 1 of 1 review