Jump to ratings and reviews
Rate this book

Quen non ten un avó fascista?

Rate this book
Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia.

Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría.

López Silva proponnos nesta súa obra máis persoal un relato emocionado co que persegue volver os feitos históricos á realidade diaria das persoas que os protagonizaron sen sabelo, para expresar así a dor real dos dilemas éticos e a necesidade certa de seguir vivindo malia a guerra, a ditadura e a represión. Estamos, por iso, diante dunha deliciosa alegación antifascista escrita desde as tripas do propio fascismo e construído para proxectarse sobre o presente a modo de reflexión, ou quizais aviso.

254 pages, Paperback

First published November 21, 2022

3 people are currently reading
22 people want to read

About the author

Inma López Silva

30 books15 followers
Inma López Silva é unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela "Neve" en abril gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de "Rosas, corvos e cancións". Con "Concubinas" obtivo o Premio Xerais 2002. No 2007 publicou "New York, New York", diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido para o castelán.

Desde moi nova soubo que a literatura sería a súa canle para ver e expresar o mundo. Moi pronto, no ano 96, gaña o Premio Rúa Nova, convocado pola Biblioteca Nova 33, de Santiago. Ese primeiro froito literario sorprendeu a lectores e crítica pola madurez que evidencia unha novela que recupera o drama nunca suficientemente contado da Guerra Civil. "Neve en abril" foi o libro que mereceu o dito galardón e que no 2005 renace en Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades, tamén aqueles que están a piques de comezar o seu percorrido pola vida adulta.
Inma, ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

Coa novela "Memoria de cidades sen luz", publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008.

(fonte: Editorial Galaxia)

Ratings & Reviews

What do you think?
Rate this book

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (9%)
4 stars
8 (25%)
3 stars
14 (43%)
2 stars
5 (15%)
1 star
2 (6%)
Displaying 1 - 5 of 5 reviews
Profile Image for Abril Camino.
Author 32 books1,856 followers
August 28, 2023
Interesante reflexión, a medio camiño entre a realidade e a ficción, sobre o tempo dos nosos avós e o que fixeron eles neses tempos de ditadura. Recomendable.
Profile Image for Jorge Rodríguez Durán.
33 reviews8 followers
September 9, 2023
Quixo ser un seique e quedou nun supoño.
Coa excusa de tocar temas controvertidos só se entra no mesmo debate que existe dende hai case 50 anos e dende o mesmo punto de vista de hai case 50 anos.
Que a estas alturas aínda se trate a figura do "fascista bo" como persoa vítima das súas circunstancias cando existiu sempre resistencia e persoas combativas é unha vergoña.
Profile Image for Iñaki Tofiño.
Author 29 books62 followers
June 14, 2023
Al final resulta que la autora no tenía un abuelo fascista. El padre de su padre, maestro educado en tiempos de la República y alcalde de un pequeño pueblo gallego durante el franquismo, no fue más que uno de los muchos que aprendió a vivir en silencio y a hacer lo que tocara para sobrevivir. Así las cosas, a Inma López Silva no le ha tocado enfrentarse a la memoria de un antepasado malvado sino reconciliarse con un pasado desagradable pero más o menos digerible.
Profile Image for Frankie Lauren.
127 reviews1 follower
January 6, 2023
Despois de ler O libro da filla, experaba moito deste titulo. Moi interesante e moitas preguntas pra razoar.
Profile Image for Marcos Tesouro Montecelo.
174 reviews2 followers
May 19, 2023
Crónica dun tempo do que mellor esquecerse, como pasou por Galicia e contado pola autora que o viviu de preto na familia dun xeito claro e entretido.
Displaying 1 - 5 of 5 reviews

Can't find what you're looking for?

Get help and learn more about the design.