Nun tempo que presumimos contemporáneo do lector, o protagonista, xa adulto, regresa á vila onde transcorreu a súa nenez, nun exercicio inútil, como case sempre, de recuperar un tempo definitivamente perdido. En acción paralela, transcorre un ano da vida dese mesmo heroe, nunha especie de flash back que nolo amosa ós seus quince ou dezaseis anos, no paso da nenez á adolescencia, coa seu primeiro amor.
Empregado de banca. Entre 1953 e 1963 reside en Ourense. Fixo o servizo militar en Sidi Ifni (1964, onde publicou os seus primeiros traballos nunha revista local. Actualmente reside na Coruña. O seu primeiro traballo en galego foi publicado en 1976.
Participou no Concurso de Narracións Modesto R. Figueiredo e foi premiado cinco veces. Publicou o seu primeiro relato en galego en 1976, Un home no corral.