Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos.A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas."Setestrelo" é un libro de transición entre o mundo irreverente da nenez e o territorio sufocado da adolescencia. Un libro sobre a procura da identidade e a dificultade que teñen os adultos para aceptar todo o que se afaste do normativo. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.
Ola. Son pai de dous fillos, médico e profesor de formación profesional. No tempo que me queda escribo novelas e, o que resulta aínda máis asombroso, consigo que sexan publicadas.
Escribín tres novelas de xénero policial: "A ira dos mansos" (Premio Xerais 2016), "O meu nome é Ninguén"(Xerais, 2018) e "A vinganza dos homes bos" (Xerais, 2020), protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. O Manso é o personaxe que máis satisfaccións me está a dar como escritor, así que estou tentando escribir unha cuarta novela da serie.
No ano 2023 publiquei un libro xuvenil titulado "Setestrelo" axudado polo meu fillo máis novo. Unha space-opera para cativos na que puxen (puxemos) moitísimo corazón.
En 2024 publiquei "O xogo de Escher" (Xerais, 2024), novela gañadora do IX Premio de novela curta Cidade centenaria de Ribeira, unha distopía de ciencia ficción disfrazada de reflexión filosófica. Ou era ao revés?
En marzo de 2025) publiquei un libro de ciencia ficción clásica: Trickstar. Postais desde as estrelas, na editorial Boadicea. En setembro dese mesmo ano repetín en Xerais co libro A lei do mar, unha historia real sobre un rescate de migrantes no Mediterráneo que me foi contada por un amigo mariñeiro.
Manuel Esteban Domínguez (Vigo, 1971)
Soy padre de dos hijos, médico y profesor de formación profesional. En el tiempo que me queda, escribo novelas y, lo que resulta aún más asombroso, consigo que sean publicadas.
He escrito tres novelas de género policial: "A ira dos mansos" (Premio Xerais 2016), "O meu nome é Ninguén" y "A vinganza dos homes bos", protagonizadas por el inspector de policía Carlos Manso. Manso es el personaje que más satisfacciones me está dando como escritor, así que estoy intentando escribir una cuarta novela de la serie.
En el año 2023 publiqué un libro juvenil titulado "Setestrelo" ayudado por mi hijo pequeño. Una space-opera en la que puse (pusimos) muchísimo corazón.
En 2024 publiqué "O xogo de Escher", novela ganadora del IX Premio de novela corta Ciudad centenaria de Ribeira, una distopía de ciencia ficción disfrazada de reflexión filosófica. ¿O era al revés?
En marzo de 2025 publiqué un libro de ciencia ficción clásica: "Trickstar. Postais desde as estrelas", con la editorial Boadicea y en septiembre de ese mismo año "A lei do mar", una historia real sobre un rescate de migrantes en el Mediterráneo.
En mayo de 2026 publicaré los dos primeros casos de la serie Carlos Manso en castellano, en un solo volumen, con la editorial Planeta.