What do you think?

Os corpos dos Romanov
Dous homes entran nun bar. Non se coñecen, nunca cruzaron palabra e non poden sospeitar que, cinco días despois, un morrerá a mans do outro. Niso terá moito que ver unha muller, Carol Kembler, a irmá dunha nena desaparecida trinta anos atrás. E un suceso insólito: a evacuación de Augsburgo durante o Nadal de 2016 ao descubrirse unha bomba da Segunda Guerra Mundial que non estourara.
A cidade baleirada devorará a Matthias Lentz, a Wilhelm Wegener e á propia Carol nunha novela sobre o cruzamento involuntario de vidas e pasados, as cicatrices mal disimuladas do trauma e o silencio agreste do que permanece oculto. Pero tamén sobre o azar que move o mundo e os campos de minas que poden chegar a ser certas familias.
Cun estilo literario inconfundible, ao tempo fráxil e punxente, Alberto Ramos constrúe en Os corpos dos Romanov unha intriga cativadora que atrapa a quen le na recámara onde cada segredo terrible agarda a súa detonación.

168 pages, Paperback
First published January 1, 2022
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 5 of 5 reviews
February 4, 2023
O estilo que Ramos desenvolve éo todo para que funcione esta pequena historia no Aubsburgo de 2016, cun suceso real estraño como o pechar media cidade en Nadal por unha bomba da 2ªGM como base. A idea das posibilidades, do fortuito, envolve o ambiente que evoca, tanto nas descricións, onde un narrador autoconsciente fala de que dirían os personaxes ante as posibles cuestións -creando así as súas personalidades-, como da propia narrativa, onde os cruces e os encontros azarosos nun barrio constrúen a historia. Un azar que, iso si, nalgún momento chega a resultar excesivo, necesitándose para a construcción, pero poñéndonos ante a obriga de aceptalo.
July 20, 2023
Gustoume moito a forma de escribir de Alberto Ramos. A historia é moi boa, encántame adentrarme na vida de cada personaxe e a forma que ten Ramos de cuestionarse que nos dirían eles mesmos sobre a súa historia. Son unha amante das casualidades e dende logo aquí non faltan. Non adoito ler este tipo de tramas e séguenme costando, pasei momentos de tensión e de esperanza mal desencamiñada, non adianto máis, deixade que o libro vos atrape e vos faga sentir.
November 29, 2024
"Poucos se decatan de que os fracasos ocupan nas nosas o mesmo ca os océanos sobre os mapas. Desistir dunha paixón non é renunciar a un soño, senón a un recanto do fogar. Nos casos máis dramáticos, a un cuarto enteiro."
3,5 en vrd este señor se lo pasó genial escribiendo los personajes no nos queda trama niño solo disecciones de traumas
3,5 en vrd este señor se lo pasó genial escribiendo los personajes no nos queda trama niño solo disecciones de traumas
March 14, 2023
3.5⭐️
December 15, 2023
En resumen...
Podían haber sido dos páginas.
Podían haber sido dos páginas.
Displaying 1 - 5 of 5 reviews