Vigo. 17 cm. 209 p., 19 h. Encuadernación en tapa blanda de editorial ilustrada. Colección 'Alén Nós'. Índice. Beiras, Xosé Manuel 1936-. Galicia. Situación económica .. Este libro es de segunda mano y tiene o puede tener marcas y señales de su anterior propietario. 8471541629
Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras ou simplemente Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936[1], é un político e catedrático en economía galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.
Ten sido membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova), asemade ten impulsado coalicións electorais con representación parlamentar como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).
No eido profesional ten estado á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago (USC). Tamén é un prolífico escritor, ex-numerario da Real Academia Galega (RAG).
Libro iniciático e clave do estruturalismo económico en Galicia e galego. A análise do profesor Beiras segue vixente na actualidade, cun par de matices a engadir 40 anos despois.
Recomendado para todas aquelas persoas que queiran entender por que Galicia está como está e de onde vimos, dende a perspectiva socioeconómica.