What do you think?

A malferida
Premio Illa Nova de Narrativa 2022 O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa nos seus fíos e da que custa saír por unha mesma. Mariña sente esa impotencia con só catorce anos. É intelixente, ten unha nai que a quere, pero a súa vida enmaráñase nos fíos do terror cada vez que vai ao colexio. O seu único desexo é pasar desapercibida, ser invisible aos ollos dos seus acosadores, pero a escalada de violencia increméntase día a día, mentres segue atrapada nunha situación da que ninguén parece decatarse. Hai quen mira para outro lado e hai quen non quere ver, ata que unha tarde desaparece. Azucena denuncia a ausencia da súa filla e os axentes da policía comezan a investigación coa esperanza de atopar a Mariña con vida. O medo domina agora a toda a vila, tamén a aqueles que saben da súa culpabilidade. É tempo de que os segredos saian á luz, de que falen os que sempre calaron, de que se rompa a arañeira.
212 pages, Paperback
First published November 11, 2022
Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 5 of 5 reviews
October 26, 2025
📚Reseña📚
📕A malferida
✏️ Irene Rega Jul
📅2022
📃212 paxinas
Lectura 151/2025
✏️Opinion persoal ✏️
( en castellano en el primer comentario)
⭐️Dende a primeira páxina, esta obra atrapa ao lector cunha historia intensa e chea de emocións. Mariña, unha rapaza de 14 anos, desaparece sen deixar rastro. O seu pasado está marcado polo acoso escolar que sufría no seu antigo colexio, un feito que explica o seu carácter reservado e apoucado.
⭐️ A investigación da súa desaparición recae en Mario e o seu equipo, entre os que destaca Alfonso, un home cun pasado difícil e problemas de alcol, recentemente trasladado.
⭐️Páxina a páxina, o lector acompaña a Mariña no seu sufrimento, sentindo de preto a angustia e a impotencia que provoca o acoso constante dos seus compañeiros. É unha historia dura, que remexe por dentro e provoca ese nó no estómago que só as narracións sinceras e valentes conseguen xerar.
⭐️A autora constrúe unha trama que vai máis alá da ficción: é tamén unha denuncia social, unha chamada de atención sobre a lacra que supón o bullying na nosa sociedade. Mariña convértese nun símbolo de tantos nenos e nenas que sofren en silencio, mentres outros miran cara outro lado sen actuar.
⭐️A pesar de ser unha lectura breve, resulta intensa e entretida. A súa maior forza reside na capacidade de conmover e facer reflexionar, aínda que o final aberto deixa unha certa sensación de incerteza, pois non chegamos a saber que destino corre finalmente Mariña.
En definitiva, trátase dunha obra impactante, comprometida e necesaria, que combina emoción, denuncia e humanidade, convidando ao lector a tomar conciencia e non permanecer indiferente ante o sufrimento alleo.
Miña valoración 10/10

March 11, 2023
Libro sinxelo, sen pretensións nin en narrativa, estrutura, linguaxe... mais dun conxunto salientable, da atracción mantida todo o seu desenvolvemento ó entorno psicolóxico descrito. Parece xuvenil, mais coido que non ten unha idade de referencia. Máis curto do que parece pola combinación do tamaño de páxina e de letra, pide unha segunda parte que a bo seguro xa non sería o mesmo.
November 27, 2024
Gustoume e non. Quero dicir, entendo a mensaxe e paréceme moi importante o que quere transmitir, pero non conseguir empatizar cas personaxes, non SEI se é por como está escrito ou que pola brevedade do libro non cheguei a conectar, pero a historia non me chegou. É unha magoa, porque de verdade que queria que me encantase, pero xa teño a escritora fichada para seguintes ocasións.
October 29, 2024
Unha historia moi dura que me tivo cun nó no estómago e unha sensación de dor e impotencia durante toda a historia.
Ainda que é unha historia curta, todo o que aquí se conta pesa e faite sentir esa agonía que sinten as personaxes.
Ainda que é unha historia curta, todo o que aquí se conta pesa e faite sentir esa agonía que sinten as personaxes.
January 27, 2023
Encontré este libro en la biblioteca púbica de mi ciudad. Leí la sinopsis y me animé a leerlo. Muy rápido de leer. Te hace sufrir por esa pobre niña mientras avanzas página a página
Displaying 1 - 5 of 5 reviews