What do you think?

Memoria de cidades sen luz
Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póquer, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o protagonista deste relato en primeira persoa, desta porción de memoria que non sae nos libros de historia.
340 pages, Paperback
First published December 1, 2009
About the author
Inma López Silva
31 books15 followersInma López Silva é unha das novas narradoras galegas máis destacadas. A súa novela "Neve" en abril gañou o Premio Rúa Nova en 1996. Seguiron os relatos de "Rosas, corvos e cancións". Con "Concubinas" obtivo o Premio Xerais 2002. No 2007 publicou "New York, New York", diario dunha estadía na cidade norteamericana, que despois foi traducido para o castelán.
Desde moi nova soubo que a literatura sería a súa canle para ver e expresar o mundo. Moi pronto, no ano 96, gaña o Premio Rúa Nova, convocado pola Biblioteca Nova 33, de Santiago. Ese primeiro froito literario sorprendeu a lectores e crítica pola madurez que evidencia unha novela que recupera o drama nunca suficientemente contado da Guerra Civil. "Neve en abril" foi o libro que mereceu o dito galardón e que no 2005 renace en Galaxia como libro aberto a lectores de todas as idades, tamén aqueles que están a piques de comezar o seu percorrido pola vida adulta.
Inma, ademais de escritora, destaca como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
Coa novela "Memoria de cidades sen luz", publicada por Galaxia, obtivo o Premio Blanco Amor 2007. Posteriormente foi recoñecida co premio AELG como mellor obra de narrativa 2008 e o Arcebispo San Clemente como mellor novela en galego 2008.
(fonte: Editorial Galaxia)

Ratings & Reviews
Friends & Following
Create a free account to discover what your friends think of this book!
Community Reviews
Displaying 1 - 4 of 4 reviews
July 27, 2016
Un bo libro sobre a memoria, sobre esas cidades e persoas ás que as guerras deixan sen luz. A prosa da autora conseguiu namorarme unha vez máis.
Reseña completa aquí: https://lecturafilia.com/2016/07/30/m...
Reseña completa aquí: https://lecturafilia.com/2016/07/30/m...
September 24, 2025
o meu primeiro libro da autora Inma López Silva e a verdade e que quedei moi sorprendido coa forma de narrar. é un libro sobre afrotar o teu pasado cando cho arrebatan, xunto coa túa identidade. de saber ser outra persoa sen deixar de ser ti nun mundo no que quizais non poidas sobrevivir se non te escondes.
ten algunhas cousas no nome da fantasía porque a autora quere pechar todos os frontes abertos e en situacións así é moi complicado. pero aínda así funciona. todos os personaxes son únicos e emocionan. este libro dalle voz a historias moi concretas que moitas veces non nos decatamos. sí: a guerra foi unha merda para todos os que a viviron, pero cada historia é única. non todos viviron esa época da mesma maneira a pesar de que todos convivían co mesmo sentimento desgarrador.
moi chulo. 4,5/5
December 19, 2024
Me gusta todo lo que escribe esta mujer. Una literatura sin pretensiones, comedida, que siempre acierta a la hora de revisitar el pasado reciente con la dosis justa de cotidianidad, de acritud, de rencor, de olvido, de miedo... de humanidad para nada heroica. Esta vez, un chaval que sobrevive en Santiago de Compostela al asesinato de sus padres y va a vivir a Coruña con la mujer que le rescata. Después, el golpe de estado de 1936, Barcelona, París, Buenos Aires; el exilio y el retorno.
April 17, 2020
Un libro onde rexurde o que foi unha guerra sen sentido, e onde a escritora te pon no maxín de multitude de exiliados e da vida que puideron ter, levándote a nosa memoria histórica.
Displaying 1 - 4 of 4 reviews