Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX. A súa síntese será transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: España é unha única nación cunha Historia común que, arrancando desde Altamira, facendo unha Reconquista, sendo unificada polos Reis Católicos, gobernando un Imperio etc., chega ata hoxe como a nación máis antiga de Europa. Con esta deturpada información histórica ficou a case totalidade da poboación. Os hispanistas discordaron con ese devir da nosa Historia e algúns historiadores españois sabían perfectamente que as cousas sucederan de xeito diferente a como tiñan que contalas, iniciándose, xa neste século, as discrepancias abertas coa Historia oficial. Este libro cuestiona toda a construción historiográfica dunha maneira orixinal, xa que o seu fío condutor discorre a base de ganduxar as ideas propias por medio de textos alleos para que aquelas vaian ben arroupadas cientificamente. Galicia non podía ficar á marxe desta historiografía.
Doutor en Xeografía e Historia (Historia da Arte) cunha tese sobre a Plástica da Cultura Castrexa Galego-Portuguesa. Foi bolseiro da Fundación Barrié de la Maza e do C.S.I.C..
Catedrático de Xeografía e Historia en diversos institutos, actualmente é director no "Torrente Ballester" de Pontevedra. Patrono da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, entre outras instituticións.
A súa actividade investigadora desenvólvese nos eidos da Antropoloxía e da Arqueoloxía, tendo publicado varios libros e moitos artigos sobre etnografía e antropoloxía mariñeiras e mais o mundo castrexo.
Interesante obra á que tiven acceso redactada polo profesor Calo Lourido e que merquei, no seu día, na feira do libro de Ourense algo que, téndomos en conta o cativeira en obras que adoita ser, xa supuxo un comezo especial no meu particular andel.
Entrando xa en materia, a obra realiza un percorrido dende os pobos prerrománicos até o Franquismo debullando as diferentes falacias, mitos ou hipérboles existentes na configuración da historia de España, utilizando o divertido recurso da reminiscencia do período escolar e realizando unha comparanza entre os mestres e cualificándoos de auténticos lavadores de cerebros de cativos e de adolescentes para os converter en auténticos papagaios orgullosos do pasado da gloriosa España.
Xaora que se trata dunha obra que debería ser de obrigada lectura, independentemente da ideoloxía de cadaquén pois as achegas realizadas son puramente obxectivas; secasí, é importante sinalar, cando menos desde o meu punto de vista a miña sensación de que non me conta nada novo, algo que se pode entender ao considerarme eu unha persoa estudosa da historia mais só desde a perspectiva de afeccionado.
Gústoume arreo a aclaración do concepto "Hispania" que, aos poucos, vai mudando ata converterse en "España" lembrando que se trata dun concepto puramente xeográfico pero adaptado como concepto político con fins espúreos de manipulación ideolóxica. Acontece que se trata da mesma situación que, por exemplo sucede con Noruega, os propios viquingos utilizaban o dito termo para se referir ao concepto xeográfico mais cadaquén loitaba pola súa rexión e reino.
Alén do devandito, semellou interesante ao meu ver a crítica - que non comparto mais chamoume a atención - do prefixo "proto-" como interesado para marcar ou definir unha postura de xeito trampulleiro. Ao meu ver, como lingüista e filólogo en potencia, referirme a, por exemplo, linguaxe "protoestandar" é unha mera referencia á linguaxe prenormativa sen ningún desexo de que o normativo estea por riba do resto.
Mais, volvendo á obra e, por esta vez, aos aspectos que me decepcionaron un chisco, gustaríame debruzarme sobre dúas fases históricas, ambas as dúas no século XIX, que son:
a) Guerra da Independencia: agardaba unha crítica dura de Calo sobre a falacia na utilización do termo "independencia" que trata de lexitimar España coma se fose, por exemplo Grecia ou algunha outra nación que verdadeiramente se achou colonizada por un imperio estranxeiro e, si, verdadeiramente sufriu un avasalamento cultural que nunca se chegou a producir na España de Xosé I. Por outras palabras, equiparar a "independencia" de España á que podería producirse nos vindeiros anos en, por exemplo, Catalunya é un fraude de etiquetas e un engano de manual para o estudante de historia.
b) Perda das colonias: neste segundo punto, a miña crítica dispárase directamente sobre a inexistencia de comentarios dunha das máis vergoñentas etapas dun reino sobre o que temos que estudar vida, obra e milagres das conquistas e da súa directora de orquestra, a asasina Isabel de Trastámara mais que, ao chegar a liberación das nacións de América, apenas se nos menciona nas aulas. Por non falar de que, persoalmente, non entendo que se fale de "Reconquista" na península pero non en ultramar.
A modo de conclusión, simplemente me gustaría incidir na importancia da historia e na necesidade de concienciación que debería presidir esta materia para que, do mesmo xeito que as materias científicas da natureza, estea moralmente prohibida a súa utilización con fins políticos e/ou ideolóxicos pois, sexa como for, entender que o Cid era un mercenario completa o noso saber cultural tanto como lembrar a redondez do planeta terra.
Literalmente a historia de España REAL, non ten nada que ver coa historia que nos queren "enseñar" na educación dende ben novos. Só os que entramos na Universidade ao grao de Historia coñecemos máis minuciosamente a realidade, máis aínda así, bastante sesgada pola ideoloxía nacional que fai que realmente nos creamos que España naceu no século XV (ou mesmo no VII/VIII!!!) e non no XVIII/XIX como realmente foi...
This entire review has been hidden because of spoilers.
Malia non estar dacordo con todo o ideario do autor, fai unha análise rigorosa e extensa da construción da idea de nación española, expondo os seus puntos fracos.
Absolutamente revelador e recomendable. Que triste que na escola nos enseñen unha historia tan falseada! A través dun texto ameno vaise enterando un de feitos documentados e ignorados pola maioría