Jump to ratings and reviews

Ao pé de cada hora. Tempo de Compostela

Ao pé de cada hora, opera prima de García-Bodaño, está organizada en catro seccións. A primeira "Oracións para os vosos nomes", susceptible de ser clasificada baixo a etiqueta de poesía civil, compón un mosaico de elexías dirixidas a figuras senlleiras da política, da arte e da literatura galega. As tres restantes seccións, "Pregoeira da ledicia", "O teu corpo florido" e "Ausencia e noiva baixo raíces", constitúen unha manifestación da lírica amorosa, que adquire matices de universalidade. Poesía nos dous casos, como quería Worsworth, da emoción evocada desde o recordo, elaborada reflexivamente polas forzas activas da conciencia. O segundo poemario, Tempo de Compostela, está formado por tres seccións, que levan por título "Poemas diacrónicos", "Poemas contemporáneos" e "Poemas nominados", ás que lles hai que engadir tres textos limiares e un texto epilogal. Tempo de Compostela comeza coa introducción dunha figura ficcional, un poeta compostelán que viviu durante séculos, ó que se lle atribúe a creación de "belas composicións nacidas do seu xenio ao fío do lento pasar dos séculos ata estes nosos días de hoxe", isto é, dos poemas que integran a obra. Deste xeito atopa xustificación a presencia dos "poemas diacrónicos", compostos a imitación dunha serie de modelos textuais tomados das diferentes etapas da historia da literatura galega, desde a Idade Media ata a actualidade. O presente volume é unha magnífica ocasión para achegármonos á traxectoria poética de García-Bodaño que abala entre o intimismo de raizame existencialista, a liña amorosa, un lirismo elexíaco, a aproximación a diversas etapas da nosa literatura e máis unha crítica mordaz da sociedade urbana.

176 pages, Paperback

Published July 5, 2002

Loading...
Loading...

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
1 (11%)
4 stars
4 (44%)
3 stars
3 (33%)
2 stars
1 (11%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 1 of 1 review
Profile Image for Maxi Rey.
69 reviews
January 27, 2025
Poesía intimista para ler en Compostela unha tarde de chuvia e frío. Unha poesía na que latexa Unha dor extraña, non sabemos se Nova ou Antiga. Versos de verdade, conceptuais, breves e poucos, pero cheos de ser e saber. Leo pouca.poesia en galego e iste autor acordoume á poesía que eu fago cando fago poesía.
Displaying 1 - 1 of 1 review