Jump to ratings and reviews

Os segredos de Teresa

242 pages, Paperback

Published August 27, 2021

Loading...
Loading...

About the author

Ratings & Reviews

What do you think?

Friends & Following

Create a free account to discover what your friends think of this book!

Community Reviews

5 stars
3 (30%)
4 stars
3 (30%)
3 stars
3 (30%)
2 stars
1 (10%)
1 star
0 (0%)
Displaying 1 - 3 of 3 reviews
Profile Image for Ana Arias Castro.
276 reviews8 followers
June 7, 2026
A estas alturas son xa especialista en comezar as series a modo de cangrexo, do último libro ao primeiro e esta novela é unha máis nese proceso. Os segredos de Teresa de Óscar M. Guzmán é a primeira novela de Sala e Marcel Mariño, Adriana e Leo pero eu lina despois de Pero como morren as pegas.

Os segredos de Teresa preséntanos un dobre falecemento o de Teresa, unha muller que aparece cun disparo e ao seu lado un home máis novo falecido envelenado algo antes. Teresa formaba un curioso trío cos seus veciños Justo e María, cada un vivindo nun piso diferente do edificio. A clave para os investigadores está no difícil pasado de Teresa que, curiosidades da vida, deixa unha carta para Marcel Mariño coñecido seu e a quen invita a escribir sobre os acontecementos. Teresa vai dirixindo a investigación desde as súas indicacións iniciadas con esa carta.

Un pasado difícil antes e despois da súa adopción, Teresa foi sempre unha muller independente que a levou a ser dona do seu destino e buscar vinganza por unha banda e comprensión por parte do seu fillo.

Esta é unha novela moi ben fiada e entretida, que nos vai levando cun ritmo incansable e na que é imposible imaxinar o final que, tendo sentido, non deixa de sorprendernos. Outro importante elemento son os investigadores, os irmáns Mariño e a tensión existente entre eles; Leo e Adriana, a xuíza e a tensión e rivalidade entre todos eles crean situacións que fan esbozar un sorriso moitas veces ao longo de toda a lectura.

Se estes protagonistas teñen novas aventuras non me quedará outra que lela esta vez pola orde correcta!
Profile Image for Acumulando Historias.
78 reviews1 follower
January 12, 2026
Excepcional novela dun autor ata hai moi pouco descoñecido para nós, cunha trama relativamente sinxela pero adictiva que en ningún momento deixa adiviñar o seu final.
Displaying 1 - 3 of 3 reviews