No 200 aniversario do seu nacemento, este volume aborda, por vez primeira dun xeito integral, a vida e a obra de quen Manuel Murguía definiu como «el primero y el mejor», Antolín Faraldo, a voz de toda unha xeración, a alma da revolución de 1846, unha figura case mítica no imaxinario galego e que hoxe aínda segue a ser un gran descoñecido. Querida Liberdade contén, por unha banda, un amplo estudo introdutorio, a cargo de Xurxo Martínez González, que nos mergulla de maneira trepidante nunha época tan con ritmo, estruturado en breves epígrafes e cunha clara vontade didáctica e divulgativa. Tras el, unha completa antoloxía con 45 artigos de Faraldo.
Debería ser unha lectura obrigatoria, o nacionalismo galego esta inserto no proceso propio das revolucións dos pobos do s.XIX, aquelas que foron os ecos da Revolución Francesa e a día de hoxe penso que se descoñece todavía moito. Sei que se anda a preparar un libro sobre a Revolución Galega e un documental que neste Abril verá a luz. Era certamente reticente, pois o nacionalismo acaba sendo chovinismo e cercenando a historia, si se utiliza para xustificar unha superiorirdade das xerarquías e non como expresión da historia dos pobos, pero tras ler a obra penso que si hai moito que traer a luz.
Nesta a obra de Faraldo en prensa como home político do seu tempo que era, observabase o peso do romanticismo, dunha análise histórica do presente para construír o futuro, dunha plena asunción da liberdade como bandeira única, non é de extrañar que teña como idolo a De la Sagra, coruñes e fundador do El Porvenir o primeiro periódico onde se fala abertamente de anarquismo, onde escribe sobre o seu independentismo Faraldo, fundamental para entender a historia europea. De la Sagra e desas figuras que tamén habería que difundir en todas direccións. Como non sorprenderse de saber que un galego compartiu ideas e tempo con Proudhon, ao que axudou na creación do Banco Popular ou Marx e Engels en Paris. Oxalá porme con él pronto.
Faraldo identifica na falta dunha grande cidade en Galiza e o descoñecemento da historia do cristianismo que podía ser tornado en progresista (adiantandose nas súas verbas ao socialismo cristián moi na liña desa senda marcada polo socialismo utópico francés) a base para construír a patria galega. El mesmo non foi iluso, intentou dentro do malstar xerado pola ditadura de Narvaez, aproveitar o seo da súa influencia no partido progresista galego para turrar cara a independencia de Galicia. Por iso afirma que chegará o dia que nos chamemos a nós mesmos só galegos. É duro a verdade descubrir isto con 26 anos, non saber da súa obra e pensar que o monumento dos mártires de Carril era tan só en recordo dun levantamento liberal, como tantos outros do s.XIX. Non foi tal, dentro do seu seo o republicanismo do partido progresista mesturouse coa voz de independentismo de Faraldo.
O que me leva a concluir, que para construír o noso futuro é necesario coñecer non só o s.XX e analizar a fonda do presente, senón observar toda a historia do s.XIX con novos ollos, pois aló gardase non só o recordo de quenes turraron por construír nacións, senón os lances da historia que todavía se poden percorrer, rimas a usar nos novos enfrontamentos contra as nosas propias clases nobiliares.