Marta’s
Comments
(group member since Nov 09, 2020)
Marta’s
comments
from the Clube de lectura en galego (Ler en galego 2.0) group.
Showing 1-18 of 18
Ola Mariola! Benvida! a verdade leva tempo parado isto... pero se hai varias persoas que queiran retomar o grupo podemos propoñer algo :)
Lino en xullo e non fixen a reseña!Gustoume. Lese ben. É o segundo que leo de Queizán. O outro ía sobre Mary Shelley e era máis ben ensaio, e gustárame bastante tamén.
Fállame un pouco a memoria, pero creo recordar que antes de que morrera seu irmau non apoiaba que fose á batalla, e unha vez que morreu foi a que motivou a facer piña e ir contra El Rei para vengalo. Bueno fixárame neso.
Outra cuestión, que creo que o comenta unha das mulleres nun punto do libro. Xurdiume a curiosidade de saber... daquela as clases populares como vían e vivían estas loitas de poder entre nobles? Entendo que aquí tamén está a cuestión de defenderse ante un adversario estranxeiro que falaba outra lingua e queríase impoñer.
Eu acabeino. Está na rede de bibliotecas públicas de Galicia, na de Lugo polo menos estaba (pero se solo está nesa pódese solicitar dende outra para que cho envíen). Remateino hoxe e ata o venres non o podo devolver, non sei se hai máis exemplares.
Bo domingo :)Bueno eu aínda non lin o de Teresa Moure, intentareino facer esta semana.
Creei a enquisa para xullo-agosto. Ábrese mañá porque me daba erro se o poñía hoxe. E puxen data límite o xoves 8.
Remateinoo!Para min empezou sorprendéndome moito, con moita enerxía, e despois polo medio perdinme un pouco entre tanta muller. Atopeime chegando cara o final e o peche deixoume un pouco mal corpo, pero para ben. Tampouco é que me guste moito a min o sangue.
Pensei que a raíña ía facer algo máis por el.
Eu tampouco sei como quitar Os libros arden mal. Se queredes facemos enquisa cos 4 primeiros desa lista, omitindo ese.
Que vos parece amplialo a maio? Xa estamos a mediados de marzo e o anterior non tivo moito éxito.
Si! Creo agora as discusións para comentalo, non sei se as podemos crear só as moderadoras... Bueno se alguén quere ser moderadora tamén que avise :)
Creei unha enquisa dos 4 máis votados da lista grande. Quixen programarlle data de fin (puxen o próximo día 15), e para iso tiven que poñerlle data de inicio mañá (non me deixaba hoxe). Supoño que hoxe ás 12 da noite xa se abrirá :)
No enlace que puxo Susi ao principio. É coma unha lista aberta á que podes engadir os libros que queiras e votar polos que queiras. Despois o 8 facemos unha enquisa cos que estean de primeiros na lista (ordénanse segundo vaia votando a xente), e votamos entre eles. Se non o ves ben dende a app proba dende o navegador. :)
Os megatoxos, Cartas de inverno, O penalti de Fuco, O Crepúsculo e as Formigas... (Así de memoria que me viñeron agora) Morgana en Esmelle tivérao que ler pero non o lera.
Acabeino hoxe. A min tamén me costou un pouco manter o ritmo de lectura estes dous meses e tardei algo máis.
Pareceume moi bonito nalgúns pasaxes, como describen e narran o que lles sucede e como se sinten. Aínda que xa sabes un pouco o que vai pasar e fíxoseme algo aburrido.
Quedoume a dúbida de onde está Esmelle. Ou é inventado? Porque parece que están cerca de Compostela e de Belvís, pero se buscas Esmelle en Google Maps aparece máis cerca de Ferrol.
