Susi’s
Comments
(group member since Nov 09, 2020)
Susi’s
comments
from the Clube de lectura en galego (Ler en galego 2.0) group.
Showing 1-20 of 32
Eu remateino hai pouco e pareceume entretido, pero tampouco me encantou. Si que é curioso o cambio da personaxe principal, coma di, Marta. E gustoume que non se deixara vender a cambio de poder.
Ao final atopei Antígona na biblioteca de Pontevedra! Téñoa a medio ler, como o levades os demáis? En breves hai que elixir unha nova lectura, así que si tenden propostas ide engadíndoas á listaxe: https://www.goodreads.com/list/show/1...
Apertas!
A biblioteca de Pontevedra en verán só abre pola mañán, igual vou a preguntar en setembro. Grazas pola info aos dous! :)
ola! Ao final quedou Antígona, a forza do sangue pa ler en xullo-agosto. Como non fixemos fíos antes, podemos poñelo ata setembro. Fágoos agora.Non obstante, eu non creo que o lea, porque non o dou atopado, ¿alguén o empezou xa?
Compis, xa estamos case en xullo. Se tendes propostas novas de lectura é o momento de que as engadades á listaxe: https://www.goodreads.com/list/show/1...
Así o xoves podemos facer a enquisa e deixamos ata o día 5 para votar a lectura de xullo-agosto.
Boa finde!
Remateino hai un mes máis ou menos. Pasei por varias etapas con este libro. Co corto que é ao ritmo que ía lendo catalogueino coma unha estraña fantasía urbana, un libro de autoaxuda disfrazado de ficción e despois como relato filosófico. Gustoume a forma de relatar, pero os temas do relato deixáronme un pouco perplexa. O tema dos elefantes, pensaba que sería unha metáfora da ansiedade, pero despois cando podían cociñar a súa carne xa me perdeu todo o sentido. Igual o problema e que eu lle estaba buscando un sentido ao relato. Outra cousa que non me cadrou foi o experimento sociolóxico arredor do tema da invisibilidade, sobroume moitísimo.
Pensaba que pasado un tempo tería asimilado mellor a historia, pero non é o caso. Deixoume unha sensación agridoce. Non sabería dicir se me gustou ou non.
Eu tamén o rematei, pero costoume acabalo. Pasoume un pouco o mesmo, perdíame e non remataba de entender qué estaba pasando. Tamén é certo que non o collín con moita gana.
Ola, xente! Alguén empezou con esta lectura? Eu levo uns 3 capítulos e é agora cando empeza a interesarme. Ao principio dábame a sensación de que ía variar nun libro de autoaxuda en vez de nun libro de narrativa, polo tema dos elefantes.
Xa se irá vendo! Vós como a levades?
Ola! Deixo por aquí unha ligazón a Galiciale do libro, por se alguén quere lelo en dixital e ten acceso á plataforma bibliotecaria :) https://catalogo.galiciale.gal/Search...
Non me deixa crear o fío de Besta do seu sangue sen spoilers... no entendo por qué. Intentádeo vos, a ver se vos deixa.
Sopas New CampbellComentade neste fío que vos vai parecendo a lectura, pero sen desvelar nada importante da trama!
Vale, quedaron empate as dúas lecturas outra vez! Qué vos parece se ampliamos o tempo de lectura xa ata xullo, lemos os dous títulos e abrimos fíos para as dúas lecturas? Cada quen que empece coa que queira ou poida conseguir antes e as vamos comentando simultáneamente?
Sí, acabo de facer enquisa de desempate. Queda aberta ata final de mes e xa empezamos a lectura en abril hahahttps://www.goodreads.com/poll/show/2...
Bo día. Estou intentando borrar Os libros arden mal da nosa listaxe pero non son capaz :( Se alguén sabe cómo que mo diga, senón, os que votastedes por el quitádelle o voto.
Todo isto ven porque hai que elixir lectura para marzo-abril, así que propoñede e votade na listaxe e o día 15 facemos a enquisa, que este mes xa nos retrasamos.
https://bit.ly/38K350C
