(?)
Quotes are added by the Goodreads community and are not verified by Goodreads. (Learn more)
Celso Emilio Ferreiro

“Un rato é unha cousa que se move,
unha cousa que vive nos sobrados
e ten un corazón pequerrechiño
e dous ollos de vidro sempre acesos.
Unha cousa que vai furando as tebras,
xurde correndo, pasa, fuxe, líscase.
Un rato é unha cousa que está viva
un intre só, despois non é nada,
sombra nas sombras mestas dos buratos.
A noite é un burato sen orelas
pra os homes, tristes ratos sin acougo.
Un home é unha cousa que cavila,
cismando sempre, sempre amargurado,
fuxindo de outras cousas que rebulen,
revolvendo papeis,
decote rebulindo,
sempre con presas, atafegado sempre,
camiña, chouta, avanta nos buratos,
nos sobrados do mundo,
nas estradas da vida,
nas pedras,
no vento,
nas rúas,
nos seos das mulleres.
Un rato é unha cousa que se move.
Escóitame Walt Disney ¿Onde estabas
que os meus soños de pombas non te viron
cando o meu corazón inda era neno
e había carabeles nos meus ollos?”

Celso Emilio Ferreiro, O Soño Sulagado
Read more quotes from Celso Emilio Ferreiro


Share this quote:
Share on Twitter

Friends Who Liked This Quote

To see what your friends thought of this quote, please sign up!

0 likes
All Members Who Liked This Quote

None yet!


This Quote Is From

O Soño Sulagado O Soño Sulagado by Celso Emilio Ferreiro
39 ratings, average rating, 4 reviews

Browse By Tag