Ler en galego discussion
Alguén activo?
date
newest »
newest »
Voedsel wrote: "Boas!Vexo que o grupo está creado dende fai tempo. Non sei se alguén lle segue dando uso á app. Se é así molaría moito darlle vida ao grupo :)"
Ola, dende que entrei está parado, pero podemos darlle algo de vida, non? ideas?
Estouvos moi a favor do comentario de Voedsel: fagamos un clube de lectura e deámoslle vida ó grupo! :)
Voedsel wrote: "podemos propoñer un libro para este mes ou para xaneiro :) algunha idea ou preferencia?":Que tal Extramunde?, é que está xa no andel deste grupo. Tamén podemos crear unha lista de libros suxeridos e o que leve máis votos queda, e o segundo con máis votos para febreiro, o terceiro para marzo etc.
Voedsel wrote: "hai algunha maneira de votar por un libro ou outro, ou só se poden publicar comentarios nos foros?"https://www.goodreads.com/list/show/1...
Eu estou noutro grupo (hijas de Mary Wollstonecraft) no que cada mes se seleccionan 4 ou 5 lecturas e os usuarios votan a que queren ler ese mes. É a votación faise directamente dende goodreads. Polo que sí, hai forma de votar, pero hai que averiguar cómo. É posible que haxa administradores e participantes nos grupos?
Localizado: https://www.goodreads.com/poll. Pódense crear enquisas dende este enlace. Podemos ir engadindo libros a listaxe que compartiu Auria e a final de mes votamos para ver qué lectura toca para cada mes :)
Susi wrote: "Localizado: https://www.goodreads.com/poll. Pódense crear enquisas dende este enlace. Podemos ir engadindo libros a listaxe que compartiu Auria e a final de mes votamos para ver qué lectura toca pa...":Pódese votar directamente na lista.
Boa idea a do clube de lectura e sobre todo a de darlle algún uso a este grupo.Co clube de lectura eu non creo que participe moito, se cadra algún mes puntual, pero polo menos alguén tira a pedra :P
Voedsel wrote: "hai algunha maneira de votar por un libro ou outro, ou só se poden publicar comentarios nos foros?"
Eu estou igual, podería participar no do clube de lectura de vez en cando. Vivo na diáspora e non teño ganas de darlle os cartos a Amazon cando llos podo dar a un libreiro cada vez que vaia por Galicia.
auria wrote: "Voedsel wrote: "hai algunha maneira de votar por un libro ou outro, ou só se poden publicar comentarios nos foros?""Na lista pódese votar por un libro directamente. Se engades ti considérao un voto xa.
Xouav wrote: "Eu estou igual, podería participar no do clube de lectura de vez en cando. Vivo na diáspora e non teño ganas de darlle os cartos a Amazon cando llos podo dar a un libreiro cada vez que vaia por Gal..."Como veriades seleccionar 2-3 libros de vez para os seguintes meses? Deste xeito, os que estamos fóra podemos mercalos de vez cando esteamos no país. Eu vou aínda menos pola casa, pero canto menos daríame algo máis de tempo para pedilos por correo. Se pechamos o 31 de Decembro a enquisa para Xaneiro, o libro pode tardar 2-3 semanas en chegarme. Podo ler rápido, pero supoño que parte da idea é pasalo ben e non ler “como se fora para un exame.”
Outra alternativa pode ser facer un clube máis modesto, lendo un libro cada dous meses ou así. Tamén poderiamos seleccionar os libros con un mes de antelación.
En calquera caso, a min váleme a idea tal e como está, o caso é animarnos a ler máis e/ou mellor.
si, xa vin, grazas Auria. xa engadín algún e votei algúns dos que propuxéstedes. Paréceme ben o que di Gonzalo tamén. Como vos sexa máis cómodo aos que estades fóra :)
Xenial, entón, Auria. Disculpade, que son unha ignorante do Goodreads. Por mín é boa idea o de poñer un libro cada dous meses para que os que estedes fora teñades máis oportunidades de participar :)
Susi wrote: "Xenial, entón, Auria. Disculpade, que son unha ignorante do Goodreads. Por mín é boa idea o de poñer un libro cada dous meses para que os que estedes fora teñades máis oportunidades de participar :)"Nada, nada. Eu tamén concordo en facilitar o máis posible o tema a quen estades fóra.
Lembrade que onde se votaba o libro para ler era esta lista https://www.goodreads.com/list/show/1... E se vos parece o que máis se vote lémolo para os meses de xaneiro-febreiro :)
(Pódese engadir libros e votar a varios)
Feliz 2020 a tod*s!Como nas últimas convocatorias electorais (descupade) os resultados da lista non ofrecen un resultado claro de que ler nos vindeiros dous meses. Temos tres libros con catro votos:
- Vivir na fin do mundo, de Christina Lilliestierna
- Fun Home: Unha familia traxicómica de Alison Bechdel
- Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño
Eu acabo de votar polo de Begoña Caamaño--non votara por este libro en primeira volta--por aquelo de desempatar. Se alguén se anima a votar estes días, podemos pechar a enquisa o día de Reis?
Deixamos entón de lectura para xaneiro-febreiro o de Fun Home: Unha familia traxicómica? Está empatado con Circe ou o pracer azul, pero aparece de primeiro Fun Home.. supoño que será polo de que cada un pode ordealos por preferencia.
Pois non che sei. Pode ser pola orde alfabética d*s autor*s, ou polo número de ratings, xa que os dous libros teñen exactamente a mesma puntuación (4.08).A min váleme Fun Home, de feito acabo de preguntar aos de Rinoceronte se mo poden enviar a Alemaña (sen problema.)
De todos os xeitos, parécevos ben sea proxima vez cando teñamos un empate de X libros (eu diría dous), deixamos un deles para o seguinte bimestre? Non é que estea particularmente interesado no libro de Begoña Caamaño (preferiría o seu outro libro) pero igual así aforramos de andar facendo segundas voltas.
Gonzalo wrote: "Pois non che sei. Pode ser pola orde alfabética d*s autor*s, ou polo número de ratings, xa que os dous libros teñen exactamente a mesma puntuación (4.08).A min váleme Fun Home, de feito acabo de p..."
:concordo coa proposta e coa escolla de Fun Home. Agora queda organizar os tempos e un espazo/dinámica para comentar a lectura. Ideas?
Podemos abrir unha entrada para falar do libro. No grupo de Las hijas de Wollstonecraft fan dúas entradas, unha para falar "con spoilers" e outra "sen spoilers". E se alguén se lle ocorre algo concreto dos libros poderïa abrir outra discusión aparte. (É unha idea)E podemos poñer 2 ou 3 meses antes de escoller o seguinte libro para a xente que está fóra que lles resulta máis complicado conseguilos. Ou sexa, abrir un foro de discusión agora sobre este, e a finais de febreiro ou de marzo votar o seguinte... ou abrir a lista en marzo para escoller libro de abril-maio.
Catro ideas:1. Creamos un novo tema: Clube de Lectura Xan-Feb 2020 ou algo polo estilo e imos colgando as nosas criticas ao rematar o libro. Penso que máis aburrido non pode ser.
2. Idem, pero en troques de colgar críticas limitamonos a comentarios puntuais e deixamos a grande crítica para unha data por definirfinais de Febreiro.
3. 1+2, e que cada quen diga o que lle pete, sen límite de caracteres e/ou estruturas.
4. Miramos de facer unha quedada virtual (podese facer tal cousa?) via skype ou calquera outro medio a finais de Febreiro para realmente falar do libro. Cada un* tería que subministrarse as bebidas quentes/alcoholicas.
Estou seguro de que hai solucións moito máis elegantes e divertidas, pero eu estou bastante atrasado nesto de redes sociais.
E acabo de ver o comentario de Voedsel. Como odio os spoilers (máis nas series e películas que nos libros) paréceme unha idea marabillosa. Tamén penso que é boa idea abrir un fío para o próximo bimestre.
Pois seica se engadimos un libro ao grupo podemos as valoracións que o resto ten feito del, así que o a miña primeira alternativa queda descartada (menos mal). Como dixo Voedesel, fixen dous grupos de discusión, con e sen spoilers.







Vexo que o grupo está creado dende fai tempo. Non sei se alguén lle segue dando uso á app. Se é así molaría moito darlle vida ao grupo :)