Ler en galego discussion
Clube de Lectura
>
Seleccion de libros
date
newest »


Moitas grazas, Gonzalo, polo traballo.
Eu escribín ao grupo de moderadores de GR para ver como poderíamos facer para asignar novos moderadores tendo en conta que o creador do grupo Ler en galego é un usuario que xa non está activo. Pero aínda non tiven resposta.


Hai cousas máis serias das que preocuparse, pero, queredes abrir unha discusion sobre que ler nos proximos dous meses? Por min podemos agardar un pouco, pero tamén podemos mirar de que o libro elixido estea dispoñibel en dixital.



Vai tempo que non piso unha biblioteca, pero isto é xenial! Vou poñer un par de títulos na lista, pero hai moito onde escoller.

Vou deixar por aquí a listaxe de libros que fixeramos e na que votamos xa: https://www.goodreads.com/list/show/1... (póñoa porque estiven un bo cacho buscando onde estaba).
Vin que na Galiciale están as primeiras lecturas da listaxe e que aínda non seleccionamos. Refírome a:
- Circe ou o pracer do azul (Begoña Caamaño)
- Antídoto (Emma Pedreira)
- Morgana en Esmella (Begoña Caamaño)
- Os libros arden mal (Manuel Rivas)
Tamén revisei que estiveran despoñibles para a compra en versión kindle (que é o que eu uso) e só o está o de Manuel Rivas. Por outra banda, hai lecturas novas na listaxe, polo que é posible que algún de vós queira cambiar os seus votos.
Poderíamos deixar uns días por se algún quere modificar as súas preferencias de lectura e despóis ou ben seguimos a orde da listaxe ou facemos como ca última e poñemos unha enquisa para seleccionar a definitiva.
:)

- A memoria da choiva (Pedro Feijoo)
- Resistencia (Rosa Aneiros)
- Besta do meu sangue (Emma Pedreira)
- Os vellos non deben namorarse (Castelao)

Eu son de A Coruña e no meu entorno ninguen fala galego, o único galego que tiña era o normativo da escola. Como a min gústame moito ler e por fin teño tempo agora co confinamento a facelo, gostaríame moito participar neste grupo e volver a involucrarme co galego que fai ten anos que non o escoito e dame unha magoa tremenda sendo galega que esqueza a lingua da miña terra.
Por min encantaríame volverme a ler Os Vellos non deben namorarse, que o leímos na escola e estou segura que poderei sacarlle moito mais transfondo agora.
Un abrazo para todos.

Eu encantado de ler calquera deles. Facer unha enquisa cos 4 máis votados na lista paréceme boa idea.
Lula, benvida! Por se non estás o tanto do funcionamento do club, un pequeno resumo:
1) Temos unha lista onde podes votar os libros que mais che gustan: https://www.goodreads.com/list/show/1...
2) Cada dous meses, seleccionase un deles.
3) Para o libro seleccionado, ábrese dous fíos no foro: un sen spoilers e outro no que se pode comentar libremente.
Por outra banda temos a Librería do grupo pero habería que darlle unha volta para soamente marcar os libros que pasaron polo grupo: https://www.goodreads.com/group/books...
Este mes rematamos con Vivir na fin do mundo, aínda estás a tempo por se te animas.

https://www.goodreads.com/poll/show/1...

Espero que o estedes levando o mellor posible, moito ánimo!


Acabo de ver na enquisa que fixo Anton que o libro que resultou gañador para ler en maio-xuño é Circe. Déixovos a ligazón a Galiciale para que o poidades coller en emprestamento: https://catalogo.galiciale.gal/Record...
Espero que vos guste! Unha aperta!

Qué extraño! Eu acabo de collelo en emprestamento, hai uns minutos, e non me deu problema. Proba noutro momento ou con outro navegador...

¿Facemos enquisa para o seguinte? Según os votos da lista estaría entre:
Antídoto
Morgana en Esmelle
Os libros arden mal
O Parnaso sobre rodas
A lista por se algunha quere engadir/votar: https://www.goodreads.com/list/show/1...

Apetécevos abrir enquisa para setembro-outubro?
(Por certo algo lin de Antídoto, pero non enteiro e non sabía moi ben que comentar :) pero ando nel ás veces )


Senón podemos editar a lista que fixéramos ao principio, para os próximos meses. Nesa pódese editar as votacións e engadir libros. O que non sei é como se quitan os libros que xa limos https://www.goodreads.com/list/show/1...

Déixovos o enlace por aquí: https://www.goodreads.com/list/show/1...


Non se pode cambialo neste grupo ou? Habería que crear un novo? Polo risco de ao mellor xente que estea algo desconectada non se entere.


How to add another moderator to my group?
Here's how to add another group moderator on Goodreads:
On the desktop site, navigate to your group's main page.
Click members from the navigation menu on the top right, above the group search bar.
On the next page, find the member you'd like to promote to moderator. You can search by name with the search bar on the right.
Click make moderator on the right side of his/her name, it's next to delete.
Pero:
Note: Only existing moderators and employees have the power to do this. If you need further help, please feel welcome to Contact Us.

Se queredes creamos primeiro o grupo novo e despois facemos a lista de libros e votamos. Bueno é unha proposta hahah

Eu apúntome como moderadora :)

Que nome lle poñemos? Ler en galego 2.0? haha

Paréceme ben o 2.0 e fago unha segunda proposta máis específica: Clube de lectura en galego.
Moitas grazas por liderar o tema, Marta! :)

https://www.goodreads.com/group/invit...
Se queredes cambiar os axustes ou a descripción ou algo dicídeme :)

O enlace ao grupo aquí: https://bit.ly/3ktjRFe
E á enquisa aquí: https://bit.ly/3n8FSuu
_____
Aproveito e coméntovos que añadín os libros que xa lemos a estantería, pero non son capaz de facer unha estantería nova cos que temos pendentes por ler e sobre os que poderíamos votar. Se alguén ten máis idea, compartide a info porfa :)

A lista que temos non podemos administrala: https://www.goodreads.com/list/show/1...
Pero podemos crear unha nova se estades de acordo e volvemos votar/añadir libros.
É tempo de falar de que libro imos ler en Marzo/Abril?