A Paga, a serie de relatos que escribín durante os últimos anos en adiante.gal, xa está dispoñible en papel.
"Que pasaría se tódalas persoas tivésemos a subsistencia garantida? Como mudarían as nosas vidas? Despois da publicación da novela Xarfas no ano 2018, Alex Pernas (A Coruña, 1986) escribe no xornal dixital adiante.gal esta serie de relatos construídos arredor dun mundo onde chegou a establecerse a renda básica universal e incondicional.
Este libro recolle aqueles textos, ademais doutros dous inéditos, onde se amosa o antes e o despois, ensinando as consecuencias que tería unha renda básica nas nosas vidas, sendo unha pequena fiestra ao mundo do mañá.
Sen ningún tipo de etiquetas nin restricións, navegando dende a crítica social ata o misterio, e con personaxes de tódalas índoles e condicións, esta viaxe literaria non deixará indiferente a ninguén."
Se vos apetece compralo (o que sempre se agradece) en papel, podédelo facer polo módico prezo de 12€ nestas ligazóns, onde tamén se pode mercar en formato Kindle por 2,99€:
Tamén podedes contactar comigo e envíovolo por correo polo mesmo prezo.
Se non vos presta mercarlle á empresa con nome de río e selva, pero querédelo ter si ou si en papel igual, case mellor esta segunda opción, onde en teoría só cubren gastos de impresión e transporte (aínda que algo máis rañarán), e non se levan unha porcentaxe sobre a venda.
Se non lle queredes dar un can, non volo podedes permitir, ou non vos peta, nestas ligazóns podedes descargar de balde un ZIP onde o tedes en varios formatos electrónicos:

- Galego: https://amzn.to/3jBe2aG
- Castelán: https://amzn.to/37QD3vZ
Tamén podedes contactar comigo e envíovolo por correo polo mesmo prezo.
Se non vos presta mercarlle á empresa con nome de río e selva, pero querédelo ter si ou si en papel igual, case mellor esta segunda opción, onde en teoría só cubren gastos de impresión e transporte (aínda que algo máis rañarán), e non se levan unha porcentaxe sobre a venda.
Se non lle queredes dar un can, non volo podedes permitir, ou non vos peta, nestas ligazóns podedes descargar de balde un ZIP onde o tedes en varios formatos electrónicos:
- Galego: https://bit.ly/APagaEbook
- Castelán: https://bit.ly/LaPagaEbook
E por suposto, podedes seguir lendo a serie en adiante.gal, excepto os relatos inéditos, claro.
Aquí vai a ligazón ao libro nesta rede:
A Paga
Que vos preste, e saúde!