Xosé Duncan's Blog

November 13, 2014

Mudei de blogue

Pois si. Desde hai un par de semanas xa non escribo máis por estes lares. O certo é que, desde o último cambio/actualización nos blogues de Blogaliza, as opcións de deseño e interactuación disminuiron moito e, malia as case inexistentes … Seguir lendo →
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on November 13, 2014 09:13

October 20, 2014

Nos manuscritos de ‘Caderno da Crítica’

Hoxe é un día moi especial. Despois de case dous anos de traballo neste mundo da escrita, teño o pracer de aparecer nun dos mellores blogues de crítica literaria. Ben é certo que xa me adicaran un espazo en 'Kindlegarten' … Seguir lendo →
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on October 20, 2014 02:43

October 13, 2014

Preparando a inauguración do noso ‘hostal’

Ben, pois xa estamos a rematar o traballo previo á publicación da novela. Temos o texto revisado, as ilustracións interiores feitas e xa está o artistazo gráfico a preparar a montaxe fotográfica para a cuberta. Se todo vai como debe, … Seguir lendo →
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on October 13, 2014 07:28

September 22, 2014

Segunda publicación para este ano

A semana pasada acabo de asinar o contrato de edición do que será a miña segunda publicación de este ano despois do segundo volume d’As Crónicas de Bran. Nesta ocasión trátase dunha novela curta de terror que mistura capítulos oníricos … Seguir lendo →
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on September 22, 2014 02:22

August 29, 2014

Comezamos a soñar de novo…

Despois desta morna (e bastante pasada por auga) pausa do mes de Agosto, achégase o intre de volver a escribir. Retomarei o meu proxecto de ‘Negruña’ dando un gran paso atrás e comezarei a ler o texto que levo escrito … Seguir lendo →
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on August 29, 2014 01:37

July 25, 2014

Feira do Libro de Rianxo

Mañá, Sábado 26, terei a honra de participar na Feira do Libro de Rianxo. Pode parecer unha parvada pero me fai sentir feliz. Se un fai balance das cousas boas que están a pasaren nestes dous anos que transcorreron desde … Seguir lendo →
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on July 25, 2014 02:01

May 9, 2014

Tebras na alma


Este ano, do mesmo xeito que fixemos o pasado, xuntámonos un grupo de autores para ver de parir un volume colectivo. Continuando coa liña que xa marcáramos con sOmBrAs no bErcE, queriamos dar un xiro á esencia dos relatos e nos afastar daquel aire infantil que, malia que inquietante, envolvía a temática dos textos.


A premisa de Tebras na alma era a de non andarse con miramentos e escribir o máis cruel e duro que cada un fose capaz ou, cando menos, que o tema significase algo difícil de narrar para o autor polo desacougante ou crú que puidese ser. Así, despois de meses de escrita e maquetación, sae á luz internáutica este libro que pode ser descargado de balde no link de abaixo. Iso si, estades advertid@s, estes relatos son para adultos…


“Ficha do libro e ligazón de descarga”


Chuzame! A Facebook A Twitter
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on May 09, 2014 00:35

April 28, 2014

Feira do Libro de Compostela

Este Domingo 27 de Abril formamos parte dun novo Encontro de Literatura Fantástica organizado por Contos Estraños e Urco Editora. As dúas editorias presentaron as súas novidades e demostraron que continúan a facer unha labor inmensa por dar saída a todo o que se está a escribir en Galiza nos xéneros da fantasía, o terror e a ciencia ficción. Pola nosa banda, ademais de presentar o segundo volume da triloxía, tivemos a gran sorte de coincidir con novos lectores na caseta de Editores de Compostela. Sempre é unha satisfacción estar presente no momento no que o libro pasa dos andeis ás mans da xente que, en definitiva, é onde desexamos que estea e que lles aporte un chisco de fantasía e maxia ós seus momentos de lectura.



Chuzame! A Facebook A Twitter
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on April 28, 2014 04:20

March 24, 2014

Entrevista de Patricia Mariño

Coa segunda parte ás portas (nunca mellor dito), aquí tedes a recensión do primeiro libro d’As Crónicas de Bran e a entrevista que tiven a inmensa sorte de responder á miña boa amiga (e compañeira nesta aventura de contar historias) Patricia Mariño.


“Recensión d’A revolta dos Mestres e Entrevista”


Chuzame! A Facebook A Twitter
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on March 24, 2014 14:18

March 11, 2014

E xa apareceu ‘A Porta de Annwn’

Xusto un ano despois, e coincidindo co meu aniversario, fíxose real o segundo volume da triloxía ‘As Crónicas de Bran’. Comezamos do mesmo xeito, con unha presentación para os amigos na Passepartout Beerhouse. Nesta cita falei sobre o que fai diferente este segundo libro, da escuridade que cae sobre as almas dos protagonistas e que os empurra, nunha busca desesperada, a tres viaxes diferentes que rematan nun único punto, no limiar da Porta.


Non sei que é o que nos deparará este ano. Perdín no camiño parte da fe que me enchía o peito no 2013, fe que tiña máis pola emoción de ver o primeiro libro publicado que por outra cousa, mais debo admitir que aínda me encontro con forzas para volver a repetir as viaxes do ano pasado. Volveremos a percorrer Feiras do Libro, librarías, bibliotecas e tentaremos que, os moitos ou poucos que vos crucedes con nós, pasedes un bo rato falando de fantasía, maxia e soños.


Chuzame! A Facebook A Twitter
 •  0 comments  •  flag
Share on Twitter
Published on March 11, 2014 06:59