O ambicioso proxecto de Espazo Lectura en Gondomar
O proxecto queEspazo Lectura levou a cabo en Gondomardurante os últimos 16 anos é tan singular e poderoso que non existe nada igualnin en Galicia nin no Estado español. Díxoo o sábado a escritora, actriz econtacontos Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.Díxoo na inauguración das novasinstalacións da Casa da Lectura. E é certo. O acto do sábado supuxo o remate daprimeira fase do futuro proxecto do Museo do Conto creado hai dez anos por Espazo Lectura e que agora comeza a facerse realidade.
O proxecto do Museo do Conto, a cargo doarquitecto Vicente Pintos, é moi singular eten moito máis que ver cun Centro de Dinamización do Libro e a Lectura que cunmuseo convencional; o seu perfil convérteo, atención, en vangarda dadinamización lectora en lingua galega.
O proxecto do Museo do Conto estásituado nun terreo na parroquia de Donas, en Gondomar, entorno rural. Constade 5 pequenos edificios, dos que 2 xa están construídos e en funcionamento, e nacedo edificio inicial denominado «Casa da Lectura», con programación desde 2009.
A asociación Espazo Lectura deseña adinamización desde 2008 (aínda que hai actividades desde 2006) a través dotraballo desinteresado dun voluntariado que adoita rondar as 30 persoas que en2009 recuperou unha escola infantil en desuso para convertela na Casa daLectura.
Ao longo destes anos, Espazo Lecturaapostou por unha programación estable, gratuíta e permanente, que case nunca énoticia, pero que ten unha enorme consistencia na práctica lectora, e aasociación foi capaz de renovarse permanentemente e atraer xente nova.
O voluntariado de Espazo Lectura foiquen de manter estable unha oferta de dinamización lectora infantil e paraadultos gratuíta abraiante: 82 sesión de Contos en Cueiros (dinamizaciónlectora para bebés); 397 sesións do Contomar (sesións de contacontos nabiblioteca municipal); 336 sesións dos Mércores da Casa daLectura (dinamización lectora aberta a outras disciplinas); 128 sesións do LendoContigo (club de lectura infantil); 74 sesións do Comando Le (actividadelectora pra adolescentes); 138 sesións do Sete Vidas (lectura de narrativa); 137 sesións do Lecturas Debuxadas (clubde lectura de novela gráfica); 22 sesións do Daquelas que len (club de lecturasfeministas); 12 Noites na biblioteca; 11 Fogueiras dos Versos (lectura poéticasarredora da fogueira en San Xoán); 16 Dar de Ler (lecturas en voz alta); ademais doutras moitas actividades comoNoites Golfas, Club de Formación Lectora e Oficina de Formación (paraautoaprendizaxe do voluntariado); obradoiros de ilustración; programaciónteatral; Sentada Lectora; Accións poéticas na rúa; xornadas escolares, parafamilias; actuacións relacionadas cos libros para os centros de ensino; e tamén concertosmusicais da Banda dos Cueiros, un grupo de música infantil nacido da actividadelectora para bebés Contos en Cueiros que gravou un disco cos temas das sesiónse realizou numerosas actuacións e algo moi importante: préstamobibliotecario dentro do proxecto Meiga da Rede de Bibliotecas de Galicia,porque Espazo Lectura conta cunha biblioteca en lingua galega permanentementeactualizada grazas ás 17 editoras que son socias protectoras da asociación.
Polas actividades de Espazo Lectura pasaron un inxente número de escritoras/es ilustradoras/es, contacontos,espectáculos e todo tipo de dinamizadoras/es, que sempre foron e sonretribuídos polo seu traballo profesional porque Espazo Lectura entendeu desde oprincipio que o voluntariado tiña que limitarse ás persoas, non profesionais,que manteñen o traballo da asociación pero nunca debía estenderse aosprofesionais que son chamados para conformar a programación.
A primeira fase do proxecto do Museo doConto foi financiado polo Concello de Gondomare pola Deputación de Pontevedra e no acto de inauguración participaron apresidenta de Espazo Lectura Beatriz Núñez;o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, osubdelegado do goberno en Galicia Abel Losada;a vicepresidenta Yaiza Peixoto; e aexpresidenta Concha Costas. O acto tivo unhaforte carga emotiva para todas as persoas que nalgún momento fomos partícipesdo proxecto Espazo Lectura e esa emotividadeestá relacionada coaenerxía emocional que supón axudar a descubrir nos demais o proceso cognitivo dalectura; de feito, poucas veces teño visto expresar con tanta emoción o seutraballo como ás persoas que se entregan á dinamización lectora
Naactualidade, Espazo Lectura, con arredor de 1.500 actividades realizadas ata ode agora e o ambicioso proxecto de finalizar o Museo do Conto, supón un soporteenormemente simbólico para o libro e a lectura en lingua galega poriso nestes momentos desde Espazo Lectura estase prepar tamén unha longametraxe documental paradifundir como se foi conformando a asociación, o significado real de todotraballo feito ao longo dos anos e a súa proxección de futuro.
Espazo Lectura non ten os medios da magnífica Fundación Germán Sánchez Ruipérez pero posúe un tesouro tremendamente valioso: a plusvalía humana que xenera oseu voluntariado e unhas ganas enormes de ser un modelo a imitar a favor dalectura.
@font-face {font-family:"MS 明朝"; panose-1:0 0 0 0 0 0 0 0 0 0; mso-font-charset:128; mso-generic-font-family:roman; mso-font-format:other; mso-font-pitch:fixed; mso-font-signature:1 134676480 16 0 131072 0;}@font-face {font-family:"MS 明朝"; panose-1:0 0 0 0 0 0 0 0 0 0; mso-font-charset:128; mso-generic-font-family:roman; mso-font-format:other; mso-font-pitch:fixed; mso-font-signature:1 134676480 16 0 131072 0;}@font-face {font-family:Cambria; panose-1:2 4 5 3 5 4 6 3 2 4; mso-font-charset:0; mso-generic-font-family:auto; mso-font-pitch:variable; mso-font-signature:-536870145 1073743103 0 0 415 0;}p.MsoNormal, li.MsoNormal, div.MsoNormal {mso-style-unhide:no; mso-style-qformat:yes; mso-style-parent:""; margin:0cm; margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:12.0pt; font-family:Cambria; mso-ascii-font-family:Cambria; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:"MS 明朝"; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Cambria; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi; mso-ansi-language:ES-TRAD; mso-fareast-language:JA;}.MsoChpDefault {mso-style-type:export-only; mso-default-props:yes; font-size:10.0pt; mso-ansi-font-size:10.0pt; mso-bidi-font-size:10.0pt; font-family:Cambria; mso-ascii-font-family:Cambria; mso-ascii-theme-font:minor-latin; mso-fareast-font-family:"MS 明朝"; mso-fareast-theme-font:minor-fareast; mso-hansi-font-family:Cambria; mso-hansi-theme-font:minor-latin; mso-bidi-font-family:"Times New Roman"; mso-bidi-theme-font:minor-bidi; mso-ansi-language:ES-TRAD; mso-fareast-language:JA;}div.WordSection1 {page:WordSection1;}
Fran Alonso's Blog
- Fran Alonso's profile
- 5 followers

