Byemme’s Reviews > Un vento que pasa > Status Update

Byemme
Byemme is on page 118 of 228
«É dura a aprendizaxe á que, dunha forma ou outra, a vida case sempre te somete, aínda que existan afortunados seres que nunca pasan polo tramo de saberse traizoados.»
Aug 16, 2021 04:17AM
Un vento que pasa

flag

Byemme’s Previous Updates

Byemme
Byemme is on page 148 of 228
«Sempre buscamos explicacións que tranquilicen o propio ánimo, antes que outro ningún, ou que nos soseguen a conciencia. Sempre atopamos xustificacións que validen o noso propio proceder e dean sentido a unha existencia que case nunca adoita telo; á fin e ao cabo a vida é unha paixón inútil que,bse algún destino ten, é precisamente o da vellez, cando xa nin a paixón engadida nos ocupa durante o tempo que nos resta.»
Aug 18, 2021 01:17PM
Un vento que pasa


Byemme
Byemme is on page 142 of 228
«Era coma se de súpeto o silencio se fixese patente, coma se unha vibración inaudible, pero certa, ocupase as estancias, invadíndoas, enchéndoas dunha señardade tan estraña e afastada como a miña propia infancia, que fora cobrando vida ata afogarme, pois enchera a sala de estar non tiña visos de irse.»
Aug 18, 2021 12:43PM
Un vento que pasa


Byemme
Byemme is on page 115 of 228
«... convencido como estaba, e como sigo estando, de quen menos ama non hai de ser o que máis sufra.»
Aug 15, 2021 11:36AM
Un vento que pasa


Byemme
Byemme is on page 113 of 228
«Como se torce a vontade allea cando esta é determinada e firme? Confeso non ter idea, polo menos se pretende logralo con métodos civilizados.»
Aug 15, 2021 11:33AM
Un vento que pasa


Byemme
Byemme is on page 40 of 228
«Para aliviarse do seu cambio interpretaba o impaciente xesto como dirixido cara aos vivos a fin de que soubesen, aqueles que non o souberon ou aqueloutros que o esqueceran, que alguén seguía baixo terra esperando o descanso que a historia non lle concedía.»
Aug 12, 2021 12:13PM
Un vento que pasa


Byemme
Byemme is on page 38 of 228
«...era así como lembraba os brazos do seu pai. Lembrábao detrás da reixa dun cárcere, cando el aínda se estreaba nos primeiros días da súa infancia. As evocacións bélicas, cando queren ser poéticas, teñen estas cousas.»
Aug 12, 2021 12:07PM
Un vento que pasa


Byemme
Byemme is on page 15 of 228
«O vento que pasa, é dicir, o vento da historia, é así de ventolán. Entálase nunha dirección e mantense nela. Faino ata que se produce unha encalmada para, despois, e de inmediato, sen previo aviso, ou tan só cuns tenues indicios que só os máis avezados perciben, regresar ao rumbo oposto. Iso manca e desespera, entristece e só permite que se salve quen saiba navegar a vela. Son os menos.»
Aug 11, 2021 12:25PM
Un vento que pasa


No comments have been added yet.