Lara’s Reviews > Escolha sua vida > Status Update

Lara
Lara is 30% done
bueno, polo menos fala da importancia de coñecerse a si mesmo e de facer o que TI queres, non o que os demais esperan de ti.
— Jun 24, 2024 03:12PM
Escolha sua vida

flag

Lara’s Previous Updates

Lara
Lara is 86% done
por agora estou de acordo coa sección das críticas excepto coa idea de que, se tes confianza nas túas propias decisións e crenzas, as críticas dos outros, por moi agresivas que sexan, non che van facer nada. unha solta así medio troll enténdoo, pero creo que "críticas agresivas" pode englobar cousas que ninguén tería por que sufrir e que é normal que poida afectar a nosa saúde mental.
— Jun 25, 2024 05:37PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 79% done
"podemos nos desfazer da crença de que qualquer coisa tem consequência sobre a outra"

ao mellor non estou entendendo ben a frase, pero está implicando que, polo feito de que o tempo é relativo, os actos feitos nun momento non producen consecuencias en momentos futuros?????? señora, as cousas non ocorren da nada xddd.
— Jun 25, 2024 05:26PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 74% done
entendo o punto de que podes gañar diñeiro coas cousas que se che dan ben, pero teño visto suficientes experiencias de artistas no internet como para saber que sobrevivir diso así sen máis pode ser moi complicado. ademais de que, por moito que non esteas nunha empresa, profesionalizar os teus hobbies pode implicar cargas psicolóxicas importantes, ao punto de que xa non gostes do que fas, de sentilo unha obrigación.
— Jun 25, 2024 05:16PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 59% done
PERO COMO ME POS A HERNÁN CORTÉS COMO EXEMPLO DE MOTIVACIÓN.

meu.

MEU.
— Jun 25, 2024 04:58PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 50% done
alégrome de que puxese exemplos de pensamentos negativos, porque por como falaba do tema de que todas as situacións novas son novas e que non podemos basearnos en experiencias pasadas parecía estar defendendo tomar decisións cuestionables porque total, esta vez podería ser distinto (deume vibras de xogar a lotería ou no casino porque "quizais esta vez toque" xddd).
— Jun 25, 2024 04:49PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 47% done
é a responsabilidade de cada un desfacerse desas crenzas unha vez que entendes que che foron inculcadas e non son túas, pero non entendo que sentido ten culpabilizar a alguén de chegar a telas nun primeiro momento. cales vai ter se, polo menos ata a adolescencia, non podía coñecer máis?

que é certo que este libro está pensado para adultos, pero non sei, síntese unha óptica rara (2/2)
— Jun 25, 2024 04:44PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 47% done
entendo o que quere dicir sobre ter as nosas propias crenzas e non deixarnos levar pola idea inculcada do que se pode ou non facer, do que é ter éxito e esas cousas, pero sinto que está obviando que, se aceptamos esas ideas, é normalmente porque é o que nos inculcan e non tivemos influencia externa para cuestionar o que nos din. (1/2)
— Jun 25, 2024 04:41PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 39% done
— Jun 24, 2024 03:21PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 18% done
existe algún libro de "autoaxuda" que non teña de POV alguén vivindo unha situación privilexiada? porque honestamente, gostaría de ler máis sobre como se trata de buscar felicidade e satisfacción na túa vida na pobreza ou no límite da mesma. xa sei que se tes moito podes permitirte vivir con menos, eu quero saber como se fai cando apenas vives con nada.
— Jun 24, 2024 12:35PM
Escolha sua vida


Lara
Lara is 10% done
bueno, polo menos deixa claro que o concepto de felicidade é subxectivo e persoal.
— Jun 24, 2024 12:05PM
Escolha sua vida


No comments have been added yet.